Diseño del blog

O Concello de Ames publica as bases e convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de mestres/as

20 de octubre de 2022

O CONCELLO DE AMES PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE MESTRES/AS

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia (LEPG), permita o acceso ao emprego público
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, do Título de Mestra en Educación Infantil, Grao en Educación Infantil ou equivalente, licenciado en pedagoxía ou equivalente.
  • As titulacións académicas deberán ser expedidas por centros oficiais debidamente recoñecidos. As titulacións obtidas no estranxeiro deberán de xustificarse na documentación que acredite a súa homologación. Os requisitos establecidos nesta base deberán posuírse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes
  • Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas (CCAA), nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa houbera sido separada ou inhabilitada.
  • No caso de persoal laboral, non ser separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das CCAA, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía. 
  • No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
  • Ter cumpridos os 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión das capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
  • Estar en posesión do CELGA 4, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancia
  • A dita acreditación do coñecemento de lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación; con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007, e Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega)
  • En todo caso, e con arranxo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os aspirantes que non acrediten dito coñecemento da Lingua Galega requirido (CELGA 4, ou equivalente), ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de instancias, deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega, e que cualificará ao/á aspirante como apto ou non apto.
  • Estar en posesión do título de primeiros auxilios na idade infantil.
  • Presentar certificación negativa de delitos sexuais 
  • Título de Manipulador de Alimentos


As solicitudes para participar no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como ANEXO II das bases, no rexistro xeral do Concello, en horario de atención ao público (de 09:00 h. a 14:00 h.), e no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOP da Coruña, é dicir, ate o 04/11/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO ÚNICO

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos


Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test composto por 50 preguntas, mais 5 de reserva con 3 respostas alternativas, sendo só unha delas a correcta, relacionado co contido funcional do posto e coas materias contidas no temario. As referencias do temario a calquera norma entenderanse feitas á lexislación vixente ou concordante na materia no momento de realización do respectivo exercicio.


As preguntas de reserva deberán ser contestadas polos/as aspirantes e utilizaranse para substituír aquelas preguntas do exame que fosen anuladas polo Tribunal, previo acordo motivado ao respecto. Neste suposto, a pregunta anulada do exame inicial terase por non formulada e será substituída pola primeira pregunta de reserva, e así sucesivamente no caso de que houbera mais dunha anulación


CREACIÓN DE BOLSA DE TRABALLO:

A Alcaldía-Presidencia resolverá a confección da bolsa de traballo composta polos aspirantes que sexan propostos polo Tribunal, en orden descendente de puntuacións.


A creación desta bolsa substituirá as anteriores da mesma natureza.


O funcionamento e xestión da bolsa de traballo adecuarase ao previsto no Regulamento para a xestión de bolsas de traballo temporal no Concello de Ames (BOP nº 212, do 7 de novembro de 2018) ou o que o substitúa. 


TEMARIO:

  1. O Regulamento de Réxime Interior da E.I.M. A Madalena.
  2. O Regulamento de Réxime Interior da E.I.M O Bosque.
  3. O Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. A estrutura curricular do 1º ciclo de Educación infantil. O proxecto educativo de centro.
  4. As Orientacións Metodolóxicas no 1º Ciclo de Educación Infantil
  5. A Programación no 1º Ciclo de Educación Infantil:obxectivos,contidos, metodoloxía adecuada para os nenos de 0-3 anos
  6. A regulación dos centros de atención á infancia no decreto 329/2005 do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia na Comunidade Autónoma de Galicia.
  7. Papel, funcións e tarefas no mestre/mestra no 1º ciclo de educación infantil.
  8. A organización do espazo, os materiais e o tempo como recursos didácticos. Características espaciais da escola infantil. Os materiais na práctica educativa. A distribución do tempo.
  9. O ingreso do neno no centro infantil. O período de adaptación. O papel do adulto no proceso de adaptación a escola infantil. A colaboración dos pais e nais neste proceso.
  10. Os nenos/as con necesidade educativas especiais na educación infantil. A importancia da intervención temperá. A integración na educación infantil
  11. O desenvolvemento motor, nos nenos de 0-3 anos. As fases do desenvolvemento motor. A psicomotricidade.
  12. O crecemento, o desenvolvemento físico do neno de 0-3 anos. 
  13.  O desenvolvemento da personalidade. O desenvolvemento afectivo dos nenos de o a 3 anos. Achegas de distintos autores. A conquista da autonomía.
  14. Alimentación e nutrición. Necesidades nutricionais dende o nacemento ata os 3 anos. A transición na alimentación. Trastornos e dificultades na alimentación. O desenvolvemento de hábitos para unha alimentación equilibrada.
  15. A organización da vida cotiá na escola infantil. A adquisición de hábitos de autonomía persoal. O control de esfínteres. A adquisición de hábitos de hixiene e limpeza nos nenos de 0-3 anos. O descanso: necesidades e ritmo do sono.
  16. As enfermidades mais frecuentes na primeira infancia. Enfermidades transmisibles
  17. Os accidentes infantís. O papel do mestre na prevención de accidentes infantís. Os primeiros auxilios. 
  18. A importancia do xogo no desenvolvemento infantil. Tipos de xogos. O xogo como recurso didáctico. A intervención do mestre no xogo infantil.
  19. A participación dos pais e nais na escola infantil. A interacción coas familias. A entrevista cos pais e nais. As reunións xerais e grupais. A acción titorial.
  20. A avaliación da educación infantil de 0-3 anos. Os ámbitos de avaliación. Instrumentos de avaliación. Documentos de avaliación na escola infantil. 

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: