Diseño del blog

O Concello de Miño publica as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de Conserxe

20 de octubre de 2022

O CONCELLO DE MIÑO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE CONSERXE

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Nacionalidade: Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar as persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea; as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito; as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas ca nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes; as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes; as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa aplicable a libre circulación de traballadores; e as demais persoas estranxeiras con residencia legal en España.
  • Idade: Ter feitos os 16 anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa
  • Capacidade funcional: Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas con discapacidade cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adoptándose polo Tribunal Cualificador medidas e medios para a realización das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de discapacidade e a súa compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente. 
  • Habilitación: Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para ao desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Compatibilidade: Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente
  • Titulación: Estar en posesión ou en condicións de obter ao finalizar o prazo de presentación de instancias do certificado de estudos primarios ou titulación académica equivalente.
  • Requisitos lingüísticos: Posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega Celga I, equivalente ou superior. Os aspirantes que non o acrediten deberán superar unha proba de coñecemento da lingua galega. 


O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no BOP, é dicir, ate o día 27/10/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 45 minutos


Consistirá en contestar un cuestionario de 20 preguntas tipo test con 3 alternativas de resposta relativas ao temario 


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: Non máis de 2 horas se as probas se realizan nunha única xornada e nunca máis de 4 horas se se realizan en varias xornadas


Consistirá na realización dunha ou varias probas de capacitación relacionada/s coas funcións e tarefas da praza convocada


A proba de capacitación poderá consistir, entre outras similares deseñadas polo Tribunal, na realización de algunha pequena reparación; manexo de instrumentos propios do servizo de conserxería; xardinería e electricidade básica; utilización de EPI´s e similares. O tribunal determinará con carácter previo á realización deste segundo exercicio, os criterios de avaliación do mesmo, poñéndoo en coñecemento dos aspirantes.


TEMARIO:

  1. A Administración Local. Réxime constitucional e entidades que comprende. O municipio. Organización e competencias do municipio.
  2. O municipio e a súa organización: O Alcalde, o Pleno e a Xunta de Goberno. Composición e funcionamento elemental dos órganos do Concello. 
  3. O persoal ao servizo do Concello. Dereitos e deberes dos/as empregados/as públicos locais. Réxime de incompatibilidades
  4. Edificios e instalacións públicas: funcións do conserxe. 
  5. Depósito, entrega, recollida e distribución de correspondencia e obxectos.
  6. Coñecementos básicos de mantemento dos edificios e os seus recintos. Coñecementos básicos de funcionamento de instalacións eléctricas, aparatos eléctricos y luminarias
  7. Coñecementos básicos de funcionamento, posta en marcha e paro de instalacións de protección contra incendios e anti-intrusión.
  8. Coñecementos básicos de arbolado, xardinería, rego e limpeza de instalacións.
  9. A Lei de Prevención de Riscos Laborais. Conceptos básicos. Dereitos e obrigas.
  10. Política de igualdade de Xénero. La Lei Orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. O principio de igualdade e a tutela contra a discriminación. A Lei Orgánica 1/2004, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. 

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: