REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Posuír a nacionalidade española ou a de calquera dos Estados membros da Unión Europea.
- Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación.
- Estar en posesión do certificado de estudos primarios, ou estar en condicións de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias ou superior.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas asignadas ao posto.
- Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que se houbese separado ou inhabilitado.
- No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin haberse sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas na lexislación vixente.
- Ter ingresado na conta ES880238 8160 1606 6000-0173 a nome do Concello de Ares a taxa por dereitos de exame por importe de 10,00 € previsto na ordenanza municipal reguladora da respectiva taxa.
- En ningún caso o ingreso da citada contía suporá a substitución do trámite de presentación de solicitudes.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do
extracto da convocatoria das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ate o día 08/08/2022
A presentación das solicitudes poderá facerse no rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das formas
establecidas no art. 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora.
Contestación dun cuestionario tipo test de 20 preguntas relacionadas coa totalidade do temario
EXERCICIO 2.
Cun tempo máximo de 15 minutos
A proba estará dirixida a comprobar o coñecemento do idioma galego, polas persoas aspirantes da mesma, de xeito tanto oral como escrito, e que consistirá na realización dunha tradución dun texto, castelán- galego ou
galego–castelán, proposto polo Tribunal.
Ás
persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega con carácter previo (anexo I, 4 da Orde do 16 xullo 2007, DOG do
30 xullo 2007, CELGA 4 ou equivalente) se lles dará por superada esta proba coa cualificación de apto.
FUNCIONAMENTO DA LISTAXE DE RESERVA
Todas as persoas aspirantes que superen a fase de oposición e cumpran os requisitos da convocatoria pasarán a
formar parte dunha bolsa de emprego para a
cobertura con carácter temporal das vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de limpador/a municipal.
A inclusión na listaxe farase polo
orden de puntuación final-suma da fase de concurso e oposición- obtida polos
aspirantes.
Cando sexa necesario proceder o chamamento para cubrir a praza, trala tramitación do seguinte procedemento, ofertarase ao primeiro da lista.
A medida que se produzan necesidades cuxa cobertura sexa solicitada procederase da seguinte forma
Os Servizos do Concello poranse en contacto telefónico coa persoa aspirante, seguindo rigorosamente a orde establecida na listaxe.
No caso de que non se poida localizar a un aspirante de forma telefónica, intentarase por medio do correo electrónico
que figure na solicitude de participación no proceso selectivo, debendo a persoa aspirante dar unha contestación no prazo
máximo de setenta e dúas horas; se non é localizado será colocado na mesma posición que tiña adxudicada orixinariamente na lista de espera.
Se a persoa aspirante rexeita a oferta de emprego, pasará ao final da listaxe, agás que a persoa interesada manifeste
expresamente a súa vontade de ser excluída da mesma.
A persoa aspirante que integrada nunha listaxe de espera, sexa chamada para cubrir unha necesidade e alegue e
xustifique a imposibilidade de incorporación efectiva por estar traballando, ou de baixa laboral, continuará na listaxe na
mesma posición que ocupaba inicialmente, aínda que non será activado na listaxe e chamado para unha nova oferta ata
que o propio aspirante comunique ao Concello que esta dispoñible por mudar a causa que alegou para non aceptar a oferta
de traballo.
Destas incidencias deixarase constancia no expediente administrativo.
Se existise no momento do chamamento máis dunha vacante dispoñible que deba ser cuberta, estas deberanse ofertar
ás persoas aspirantes en función da orde de prelación que ostenten.
A persoa aspirante que sexa obxecto de nomeamento ou contratación, unha vez finalizada a súa prestación será colocado de novo na listaxe na mesma posición que tiña adxudicada orixinariamente.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- O Estatuto de Autonomía de Galicia
- O municipio
- Organización municipal.
- Funcionamento dos órganos colexiados locais