PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS ATE O DÍA 07/07/2022
REQUISITOS DE LAS PERSONAS ASPIRANTES:
- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TREBEP, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto ao que se opta e non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións inherentes ao posto.
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban en caso do persoal laboral, no que fose sido separado/a ou inhabilitado/a
- Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
- Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente, ou en condicións de obtelo ao término do prazo de presentación de instancias, de acordo coa lexislación vixente. En todo caso, a equivalencia ou homologación de titulacións deberá ser aportada polo/a aspirante, mediante certificación expedida ao efecto, polo organismo oficial competente
PROCESO SELECTIVO:
PROBA TEÓRICA:
Cun tempo máximo para a realización de 1 hora.
Contestar por escrito ás preguntas relacionadas co temario que figura no anexo das bases e consistente en cálculos aritméticos e coñecementos básicos sobre o termo municipal de Baiona.
PROBA PRÁCTICA:
Nun tempo máximo que marque o tribunal
Sobre os coñecementos básicos de electricidade para o mantemento das instalacións do aparcadoiro
EXAME DE GALEGO:
Nun tempo máximo de 30 minutos
Tradución dun texto do castelán ao galego.
Non obstante, consonte ao establecido no artigo 35 do Decreto Lexislativo
1/2008, do 13 de marzo modificado pola Lei 2/2009, do 23 de xuño, estarán
exentos da realización dunha proba específica de galego os aspirantes que
acrediten estar en posesión no día da finalización do prazo de presentación das i
nstancias o CELGA 1 ou equivalente debidamente homologado polo órgano
competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa
disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se
regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da
lingua galega
BOLSA DE EMPREGO:
- Apreciada a necesidade de persoal temporal, e autorizada a contratación, procederase ao chamamento telefónico e notificación na dirección de correo electrónico que o/a candidato/a sinalara na instancia de participación neste procedemento. O correo electrónico deberá ser contestado no prazo máximo de 24 horas desde o envío do mesmo. Simultaneamente efectuarase chamamento telefónico, 3 chamadas en horas distintas nun prazo de 24 horas. Se non se obtivese resposta a ningún destes intentos de comunicación procederase á convocatoria do/a seguinte aspirante na lista. De todas as actuacións deberase deixar constancia por escrito estendendo a debida dilixencia acreditativa das actuacións practicadas e as súas indicidencias.
- O/a aspirante non localizado ou que non responda no prazo sinalado, salvo que xustificara as causas da non atención do chamamento, pasará ao último lugar da lista. A estos efectos, os/as integrantes da bolsa están obrigados/as a comunicar calquera variación nos datos de notificacións sinalados na instancia de participación. Tamén poden manifestar expresamente a súa vontade de ser excluído/a temporalmente da mesma.
- O/a aspirante que rechace, sen xustificación, a oferta de emprego pasará ao último lugar da lista. Quen alegue e acredite, no prazo de tres días, a imposibilidade de incorporación efectiva polos seguintes motivos: estar traballando, incapacidade temporal, período de descanso paternal/maternal ou de adopción, falecemento ou enfermidade grave de familiar ata o segundo grao, estar realizado estudios reglados, continuará na lista de espera na mesma posición que ocupaba inicialmente. Nestes casos, o/a aspirante quedará en situación de suspensión de chamada ata que finalicen as causas alegadas. En caso de que finalice o motivo da causa alegada, deberá comunícalo por escrito. En caso contrario, non será convocado para seguintes ofertas de traballo que por orde de prelación lle puideran corresponder.
- Sempre que a bolsa continúe en vigor, o cese do contrato laboral temporal co interesado/a dará lugar á reintegración do/a mesmo/a en dita bolsa na mesma orde de prelación orixinaria.
- Os/as aspirantes a contratar deberán presentar, no prazo de 3 días desde a aceptación da oferta toda a documentación orixinal que acredite o cumprimento dos requisitos e méritos indicados nestas bases. Será causa de exclusión da bolsa o non presentar esta documentación no prazo requerido ou presentar datos incorrectos.
TEMARIO
:
- A Constitución Española de 1.978
- A Organización territorial do Estado
- O Municipio.
- O Estatuto básico do empregado público
- O procedemento administrativo
- Baiona
- Rueiro de Baiona
- Manexo sinxelo de máquinas, operación de cálculo aritmético
- Subministro de material eléctrico nas instalacións, conexión, iluminación.
- Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de aparcamento no aparcadoiro do Aral.