REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ser español ou nacional dos demais estados membros da Unión Europea. Así mesmo, poderán participar no proceso selectivo os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do cónxuxe menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
- Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Estar en posesión do título de grao, licenciatura ou equivalente (de conformidade co disposto na Disposición Adicional Quinta da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia) dunha titulación da rama de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas:
- Xestión e Administración Pública.
- Dereito.
- Ciencias Políticas.
- Administración e Dirección de Empresas.
- Ciencias Empresariais.
- Ciencias Económicas.
- Ciencias do Traballo.
- Graduado Social.
- Relacións Laborais.
- As titulacións obtidas no estranxeiro deberán xustificarse coa documentación que acredite a súa homologación pola Administración educativa competente na materia.
- Non atoparse separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios, no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
- O coñecemento do idioma galego acreditarase mediante diploma, −Celga 4 ou equivalente −, certificado ou curso homologado polo órgano competente en materia de política lingüística, e, no seu defecto, mediante proba escrita que se lle realizará ao aspirante. Esta proba consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego na que o aspirante amose o seu coñecemento da lingua galega.
As solicitudes para participar no proceso selectivo axustaranse ao modelo que figura como Anexo II, irán
dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao
público de 08:00 a 15:00 horas, durante o prazo de 20 días hábiles contados dende o seguinte ao da
publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, é dicir, ate o día 01/08/2022
Poderán tamén presentarse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello do Incio https://concellooincio.sedelectronica.gal/ ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de
1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Se conforme a este precepto se presenta a instancia a través das oficinas de Correos, deberá aparecer o selo na
propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro Xeral será a que se teña en conta a tódolos
efectos.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Exercicio tipo test de 40 preguntas e 4 preguntas de reserva que tratarán sobre as
actividades propias do posto a desempeñar e segundo o temario (xeral e específico)
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Resolución dun ou varios supostos prácticos propostos polo tribunal e que tratarán sobre as
actividades propias a desempeñar e segundo o temario (xeral e específico)
Unha vez rematado o exercicio, o tribunal poderá determinar a lectura do mesmo se o estimase conveniente,
quedando facultado para solicitar do aspirante calquera aclaración en relación a exposición escrita do mesmo.
No caso de que o tribunal determinase a lectura do exercicio, se algún aspirante non procedese á mesma, será
cualificado con 0 puntos.
Valorarase neste exercicio a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á
resolución dos problemas prácticos expostos, así como a súa fundamentación na lexislación vixente na materia,
o pragmatismo na resolución dos supostos e a formulación de conclusións adecuadas. A claridade na solución
proposta e a presentación da mesma tamén será tida en conta polo tribunal, así como calquera outro criterio que
o tribunal estableza e considere conveniente.
No suposto de que o exercicio conte con varios supostos prácticos, deberá indicarse no mesmo a puntuación a
outorgar a cada un deles.
EXERCICIO 3. cun tempo máximo de 20 minutos
En cumprimento do sinalado, os aspirantes deberán realizar unha proba que consistirá na tradución dun texto
de castelán a galego, elixido polo Tribunal.
Para superar a proba é necesario obter o resultado de APTO,
O texto non poderá ter máis de 200 palabras, sendo considerados como NON APTOS aqueles que teñan 20 erros
ou máis (tradución, gramática e acentuación).
Están exentos da realización da proba de galego os/as aspirantes que presenten durante o prazo de solicitudes,
e acrediten posuír con data límite do prazo de subsanación de instancias, o CELGA 4 ou equivalente
PERIODO DE PROBA:
Establécese un período de proba de 3 meses, transcorrido o cal, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo de servizos prestados a efectos de cálculo de antigüidade do/a traballador/a.
Durante o período de proba o/a traballador/a terá os dereitos e obrigas inherentes ao posto de traballo, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse a instancia de calquera das partes durante
o seu transcurso.
TEMARIO:
- Constitución española de 1978 1
- Constitución española de 1978 2
- Constitución española de 1978 3
- Constitución española de 1978 4
- Constitución española de 1978 5
- Comunidade autónoma galega
- A Administración autonómica de Galicia
- Réxime local español.
- Municipio
- Sometemento da administración á lei e dereito
- As fontes do Dereito público
- Potestade regulamentaria dos entes locais.
- Disposicións xerais do procedemento administrativo común
- Os actos administrativos
- Revisión dos actos en vía administrativa
- A potestade sancionadora
- A responsabilidade patrimonial da administración
- O sistema electoral local.
- As facendas locais
- Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
- Os bens das entidades locais e a súa clasificación.
- Lei Orgánica 5/1985 do 19 de xuño de Réxime Electoral Xeral
- A administración electrónica
- Orzamento das entidades locais
- Liquidación e aprobación da conta xeral.
- Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
- Intervención e Tesourería das entidades locais.
- Os dereitos das persoas con discapacidade en relación co acceso ao emprego.
- Políticas de igualdade.
- Marco legal e principios xerais da protección de datos de carácter persoal na Administración Pública.
- Funcionamento dos órganos colexiados na Administración local
- Lei 9/2017 de 8 de novembro de Contratos do Sector Público.
- Órganos de contratación.
- O prezo do contrato.
- O contrato menor na Lei 9/2017 de 8 de novembro de Contratos do Sector Público.
- Os tipos persoal ao servizo da Administración Local.
- Persoal laboral.
- Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
- O contrato de traballo
- Dereitos e deberes laborais.
- Liberdade sindical e dereito de folga
- As modalidades contractuais logo da reforma laboral de 2022.
- Lei do solo de Galicia
- Os Puntos de Información Catastral (PIC) na Administración Local
- A actividade subvencional das Administracións Públicas
- A Deputación Provincial de Lugo como organismo de cooperacións cos Concellos
- Política estrutural da Unión Europea
- Os novos fondos Next Generation EU
- Discapacidade e inclusión social
- Formación profesional para o emprego
- A estratexia europea polo emprego.
- Programación de fondos europeos da política de emprego da Unión Europea.
- Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e Fondo Europeo Agrícola de DesenvolvementoRural (FEADER).
- Fondo social europeo (FSE)
- Novos instrumentos financeiros de financiamento e proxectos de desenvolvemento local.
- A Xunta de Galicia e as principais liñas de axudas a entidades locais.
- Análise económica do mercado de traballo.
- Aspectos fiscais a considerar polo emprendedor en relación cos seguintes impostos: IRPF, IVE; IAE.
- O Servizo Público de Emprego en Galicia (SPEG).
- O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)
- As políticas activas de emprego
- Programas de cooperación da Xunta de Galicia coas entidades locais.
- Axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego no ámbito da CCAA de Galicia.
- Servizos e axudas ás persoas demandantes de emprego e a inserción laboral de colectivos con especiais dificultades de acceso ao mercado de traballo.
- Plans para o fomento do emprego e a creación de empresas
- O emprego e as tecnoloxías da información e a comunicación
- Creación de emprego no ámbito da atención a dependencia.
- A empresa
- Formas xurídicas para a creación dunha empresa
- As sociedades mercantís
- Fiscalidade das sociedades mercantís.
- O traballador autónomo.
- O salario
- A cotización a seguridade social.
- O Plan de empresa
- Viabilidade económica e financeira dun proxecto empresarial
- A instrumentación contable da empresa
- Fontes de financiamento da empresa
- A figura do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
- Medidas de apoio as entidades locais de Galicia para a contratación de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local.
- Plans de desenvolvemento local.
- Rede de Técnicos de Emprego de Galicia.
- Programas integrados de emprego.
- Introdución aos Sistemas de Información Xeográfica
- Xuventude e voluntariado.
- Xestión cultural
- Marco legal dos espectáculos públicos
- Características da estrutura empresarial da provincia de Lugo e de Galicia.
- Os grupos de desenvolvemento rural (GDR)
- O Incio