Diseño del blog

O Concello de Betanzos publica as bases reguladoras da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de funcionarios interinos, no subgrupo C.

3 de mayo de 2022

O Concello de Betanzos publica as bases reguladoras da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de funcionarios interinos, no subgrupo C. 

O Concello de Betanzos publica as bases reguladoras da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de funcionarios interinos, no subgrupo C. 

Os requisitos son estar en posesión do título de bacharelato, FP 2º grao ou equivalente. 

A presentación de instancias será no prazo de 10 días hábiles a contar dendo día seguinte da publicación no BOP de A Coruña, é dicir, ate o 16 de maio. 

Temario da Bolsa de Emprego.

1. A Constitución Española de 1978. Antecedentes. Valores superiores e principios inspiradores. 
2. O estado social e democrático de dereito. Dereito e deberes fundamentais.
 3. Os principios reitores da política social e económica. Garantía e casos de suspensión. O procedemento de reforma constitucional. 
4. Órganos constitucionais. A Coroa. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. 
5. A función lexislativa. O Goberno do Estado. O Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. O Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo. 
6. A representación política en España: Os partidos políticos. O sistema electoral español. Organización do sufraxio e procedemento electoral.
 7. A organización territorial do Estado Español. As Comunidades Autónomas: Fundamento constitucional. Os estatutos de Autonomía. Delimitación das funcións e competencias do Estado e das Comunidades Autónomas. 
8. A Administración local: Regulación constitucional. Tipoloxía dos entes locais. Distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas sobre a administración local. 
9. A Lei de bases do réxime local. A organización territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. 
10. O municipio: organización, competencias municipais, eleccións municipais e réximes especiais, órganos necesarios e complementarios. 
11. A provincia: organización, competencias, eleccións dos deputados provinciais e réximes especiais. As relacións entre as institucións da Xunta de Galicia e os entes locais.
 12. A Comunidade Autónoma de Galicia: antecedentes histórico – culturais. O Estatuto de Autonomía de Galicia: proceso de elaboración, fundamento, estrutura e contido básico. Competencias da comunidade autónoma. Reforma do estatuto. 
13. A organización institucional da Comunidade Autónoma de Galicia: O Parlamento de Galicia. Composición, atribucións e funcionamento. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O defensor do Pobo de Galicia. O Tribunal de Contas de Galicia. 
14. Organización do Concello de Betanzos: Alcaldía: atribucións. O Pleno: composición e atribucións. Os tenentes de alcalde e os concelleiros: competencias e atribucións. Xuntas de Goberno Local. Comisións informativas e outros órganos colexiados na administración local. Regulamento orgánico municipal do Concello de Betanzos. 
15. A administración da Comunidade Autónoma de Galicia: principios de organización, actuación e atención cidadá. Principios de organización e funcionamento. Organización xeral. Tipos de órganos. Órganos centrais e territoriais. Estatuto dos altos cargos da administración. 
16. A Unión Europea. Os tratados orixinarios e modificativos das comunidades europeas. As institucións comunitarias. O dereito comunitario e os distintos tipos de fontes.
 17. As liberdades básicas do sistema comunitario. As principais políticas comúns con especial referencia a política rexional comunitaria. Os fondos estruturais e os seus obxectivos prioritarios. 
18. A administración pública: concepto, caracteres e clasificación. A administración e o dereito. O principio de legalidade e as súas manifestación. As protestas administrativas. A actividades discrecional da administración: límites e control. 
19. Fontes do dereito administrativo: clasificación. Xerarquía normativa. A Lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de Lei.
 20. O Regulamento: concepto e clasificación. A potestade regulamentaria. Procedemento de elaboración dos regulamentos. 
21. Os órganos administrativos: concepto e clases. A competencia: clases e criterios de delimitación. 
22. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. A forma dos actos: a motivación. A eficacia do acto administrativo: a notificación e a publicación. 
23. O silencio administrativo, natureza e réxime xurídico.
 24. A invalidez e revisión de oficio dos actos administrativos. 
25. O procedemento administrativo: natureza e fins. O procedemento administrativo común na Lei do procedemento administrativo común nas Administracións Públicas. Os principios xerais.
26. Os interesados. Dereitos dos cidadáns no procedemento. Fases do procedemento. O réxime xurídico do sector público. Principios xerais. Abstención e recusación. 
27. A revisión dos actos administrativos. Revisión de oficio. 
28. Os recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais da súa regulación. Actos que esgotan a vía administrativa. A xurisdición contencioso-administrativa: concepto e natureza. 
29. Os contratos da administración: obxecto e finalidade. Ámbito de aplicación. Clasificación dos contratos. O órgano de contratación. Capacidade e solvencia do empresario. Preparación dos contratos polas administración públicas.
 30. Adxudicación dos contratos. Execución, modificación e extinción dos contratos. 
31. A responsabilidade patrimonial da administración. Procedemento xeral e procedemento abreviado. A responsabilidade das autoridades e do persoal. Responsabilidade das administracións por actos dos seus concesionarios e contratistas. 
32. O servizo público. Doutrina clásica e evolución. As diferentes formas de xestión dos servizos públicos. As concesións:natureza xurídica e clases.
 33. O réxime xurídico das concesións: modificación, novación, transmisión e extinción das concesións.
 34. A expropiación forzosa: regulación constitucional. Competencia da Xunta de Galicia. Natureza e xustificación da potestade expropiadora. Suxeitos, obxecto e causa. O procedemento xeral. Peculiaridades do procedemento de urxencia. Procedementos especiais. A reversión dos bens obxecto de expropiación. 
35. Os bens da administración: bens de dominio público: caracteres, uso e aproveitamento: afectación e desafectación. Bens de dominio privado: caracteres, adquisición, dispoñibilidade, afectación e desafectación e uso. Responsabilidades e sancións. 
36. O patrimonio do concello de Betanzos. Regulación xurídica, concepto e clasificación dos bens e dereitos. O inventario xeral de bens e dereitos. 
37. O réxime xurídico do persoal ao servizo das administración públicas: réxime estatutario e laboral. A normativa básica estatal.
 38. O cidadán como cliente da Administración. O estatuto dos veciños. A atención ao público. 
39. O orzamento das entidades locais. Concepto. Estrutura. Formación e aprobación.
 40. Tipos de sistema de información. A sociedade da información. Xestión de procesos administrativos e simplificación. Tecnoloxías. Tendencias actuais. Ordenanza para a regulación da administración electrónica municipal do Concello de Betanzos.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: