REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación.
- Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pos Unión Europea e ratificación por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Estar en posesión do título de diplomatura universitaria ou grao en traballo social.
- No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación, ademais, achegarase ao título a súa tradución xurada, non considerándose documentación válida no caso de non incorporar tal tradución oficial.
- Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatuarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser natural doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, non seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- Ter capacidade funcional para o desenvolvemento das funcións e tarefas propias do posto (acreditarase na declaración xurada incluída na instancia).
- No suposto de aspirantes co grao recoñecido de minusvalía, que non supoña incapacidade para o desempeño do posto de traballo, deberase referir tal situación na instancia, así como as adaptacións que se soliciten para a realización da fase de oposición.
- Non estar incurso/a en causa de incompatibilidade específica (acreditarase na declaración xurada incluída na instancia)
- Declaración responsable da exactitude e veracidade da copia de documentación que se aporta (incluída na instancia)
Xunto coa instancia, a presentar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo,
toda vez publicadas as bases no taboleiro de edictos e complementariamente na
páxina web municipal, deberá achegarse inescusablemente a documentación
indicada nas bases, é dicir, ate o día 05/08/2022
No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase e n sobre aberto para que a solicitude sexa fechada e selada polo persoal de Correos
antes de ser certificada.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 50 minutos
Consistirá no desenvolvemento dun exame tipo test de entre os temas incluídos no temario de 40 preguntas con tres respostas alternativas, das que unicamente unha
é correcta
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos
Consistirá na tradución escrita dun
texto de contido administrativo de castelán ao galego
. O texto non poderá ter mais de 150 palabras, sendo cualificados como non
aptos aqueles aspirantes que teñan 20 erros ou mais (tanto na tradución, como de gramática como de acentuación).
Quedarán exentos aqueles aspirantes que presentasen o Celga4 ou equivalente
ORDE DE CHAMAMENTO E FUNCIONAMENTO DA BOLSA
O chamamento das persoas integrantes da bolsa de traballo, realizarase pola orde de
cualificación definitiva. O orde de preferencia deberá ser respectado no momento de
efectuar un novo nomeamento.
O chamamento realizarase mediante chamada telefónica. O primeiro intento farase
en horario de mañá das 09:00 horas ás 15:00 horas. De ser infrutuoso o primeiro
intento de comunicación telefónica farase un segundo intento o mesmo día en horario d
e tarde das 15:01 horas as 20:00 horas, debendo mediar sempre unha diferenza
como mínimo de tres horas entre o primeiro e o segundo intento. De ser infrutuoso
tamén este segundo intento farase un terceiro e último intento de comunicación o
seguinte día hábil en horario de maña das 09:00 horas as 15:00 horas. Dos intentos
realizados estenderase dilixencia ao efecto, facéndose constar o día e hora dos
intentos de comunicación e o seu resultado. Naqueles casos en que se consiga a
comunicación telefónica farase constar a identidade da persoa receptora da chamada,
dándose en calquera caso o chamamento por realizado a tódolos efectos.
Feita a comunicación, se a persoa aspirante localizada manifestase a súa intención
de aceptar o nomeamento, deberá persoarse o seguinte día hábil, en horario de 09:00
a 14:00 horas, nas dependencias do Concello de Castroverde para formalizar a
aceptación do nomeamento.
En calquera caso, de non ser posible a comunicación, segundo o establecido no
paragrafo anterior, ou non se formalizase a aceptación de nomeamento polo aspirante
no prazo indicado por causa imputable ao mesmo, pasarase a realizar o chamamento
do seguinte aspirante.
TEMARIO
:
- Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
- Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e
Atención a persoas en situación de dependencia
- DECRETO 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á Historia Social Única Electrónica
- DECRETO 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes
- Orde do 22 de Xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar.