REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española ou estar incluído entre os nacionais dos estados membros da Unión Europea e demáis estranxeiros, sen perxuizo do establecido no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter acadado a idade máxima de xubilación forzosa.
- Estar en posesión da titulación de grao ou diplomatura en Traballo social ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá posuír o documento que acredite a súa homologación
- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións inherentes ao posto de traballo
- Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estaren en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso de ser nacional doutro Estado membro, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público
- Posuir un título acreditativo de nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA IV, equivalente ou superior
As instancias presentaranse no Rexistro de entrada do concello de Culleredo ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (en diante, LPAC), entre outras, a traves do rexistro electrónico na páxina web do concello (www.culleredo.es). O horario do Rexistro Xeral presencial do Concello de Culleredo é de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres previa petición de cita no teléfono 981 677 777
O prazo de presentación de instancias de solicitude será de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte día ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia (BOP), é dicir, ate o 05/08/2022
PROCESO SELECTIVO.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Un ou Varios exercicios teórico-prácticos
FUNCIONAMENTO DA LISTA
Crearase unha lista de substitución formada polos aspirantes ordenados de maior a menor puntuación, incluíndose no primeiro posto aquel que obtivera a maior puntuación.
É condición inescusable para a pertenza á devandita lista de substitución o mantemento durante a vixencia desta dos requisitos das bases.
Os que formen parte da mesma poderán ser chamados (sempre respectando a orde da lista), para cando se dean calquera das circunstancias que recolle o artigo 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do estatuto básico do empregado público
TEMARIO
:
- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento
- Os servizos sociais especializados
- Servizos comunitarios básicos
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia
- Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia
- Os malos tratos na infancia.
- Terceira idade
- Programa de acollemento familiar para persoas maiores e persoas con discapacidade.
- O servizo de Axuda no Fogar
- Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia
- Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
- Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre homes e mulleres
- Minorías étnicas e integración
- A marxinación social.
- Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia
- Programas de intervención social.
- Planificación e programación da intervención social.
- Fundamentos e obxectivos do Plan concertado para o desenvolvemento de prestacións básicas dos servizos sociais comunitarios nas corporacións locais.
- Organización dos servizos sociais do Concello de Culleredo