REQUISITOS:
Estar en posesión do título de graduado escolar, graduado en ESO, titulación superior ou equivalente.
Estar en posesión dos permisos de conducir dos tipos A, C e D
SOLICITUDES E TAXA:
A taxa será de 13€ en concepto de dereitos de exame.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), é dicir ate o 24 de xuño de 2022
PROCESO SELECTIVO.
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun prazo máximo para a sua realización de 60 minutos.
Consiste en contestar un cuestionario de 40 preguntas tipo test máis 3 preguntas de reserva.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a sua realización de 90 minutos.
Desenvolvemento, por escrito de 2 temas extraídos ao azar dos que se integran na parte específica do programa.
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a sua realización de 2 horas
Realizar un ou varios supostos ou probas prácticas que formulará o tribunal inmedianamente antes do comezo do exercicio.
EXERCICIO 4.
do que quedarán exentos aqueles aspirantes que conten ca centrificación de galego CELGA 3 ou equivalente
Proba de coñecemento da lingua galega.
TEMARIO:
- Constitución Española
- Comunidad Autónoma Gallega
- Regulación Local Específica
- Procedimiento Administrativo Común
- Lexislación española en materia de transporte por estrada. Lei de ordenación do transporte terrestre e regulamentos que a desenvolven.
- O tacógrafo. Concepto e clases. Tacógrafos mecánicos. Tacógrafos electrónicos. O factor W. verificación, precintado e revisións dos tacógrafos. Vehículos para os que é obrigatorio o uso do tacógrafo. A técnica do tacógrafo. O disco diagrama. Tempos de condución e de descanso. Infraccións e sancións.
- Normas xerais de circulación. Principios xerais. O sentido da circulación. Posición na calzada. Utilización de carrís en poboado e fóra de poboado. Supostos especiais de utilización de carrís: carrís reversibles, carrís de utilización en sentido contrario ao habitual, carrís adicionais, carrís BUS, carrís VAO. Circulación pola beiravía: condutores obrigados á súa utilización.
- A prioridade do paso: normas de prioridade en interseccións, tramos en obras e estreitamentos, paso por pontes e obras de paso, tramos de gran pendente. Cruzamento de pasos a nivel e pontes levadizas.
- Inmobilizacións. Detención, parada e estacionamento: a súa regulamentación. Outras inmobilizacións: inmobilizacións ordenadas polos axentes da autoridade. Retirada de vehículos da vía pública
- A velocidade e a súa normativa. Límites de velocidade. Infraccións ás normas de velocidade.
- Manobras básicas da circulación: concepto e normas xerais para a súa realización. Incorporación á circulación. Cambios de dirección, calzada e carril. Cambio de sentido da marcha. Marcha atrás. Distancia entre vehículos: lateral e frontal.
- O adiantamento: a súa regulamentación. Obrigas do condutor do vehículo que adianta e do adiantado antes, perante e despois da manobra. Supostos especiais. Manobras que non se consideran adiantamento.
- Circulación de vehículos. Tipos e categorías de vehículos. Condicións técnicas que deben reunir para que sexa permitida a súa circulación pola vías públicas. Requisitos administrativos. Remolques: requisitos para a súa circulación. Vehículos prioritarios.
- Masas e dimensións dos vehículos: a súa regulamentación. Probas deportivas: a súa regulamentación. Limitacións á circulación: temporais e permanentes.
- Os sistemas de iluminación e sinalización óptica de vehículos: utilización, circulación nocturna e en condicións meteorolóxicas ou ambientais que diminúan sensiblemente a visibilidade. Os sinais acústicos: a súa utilización.
- Inspección técnica de vehículos: inspeccións previas á matriculación, periódicas e extraordinarias. Resultado das inspeccións. Reformas de importancia: conceptos, tipos e procedemento para a súa tramitación.
- Permisos e licenzas de condución: a súa natureza, clases e vehículos que autorizan a conducir. Requisitos esixidos para a súa obtención. Prórroga da vixencia de permisos e licenzas de condución. Variación de datos e duplicados de permisos e licenzas de condución.
- Nocións elementais do funcionamento do automóbi
- O vehículo como elemento de seguridade viaria. A seguridade activa dos vehículos. Elementos de seguridade activa. A seguridade pasiva dos vehículos. Elementos de seguridade pasiva.
- Condución económica e contaminación do medio ambiente. Precaucións que hai que adoptar para evitar a contaminación. A descontaminación como actividade previa á baixa do vehículo: a súa finalidade.