Diseño del blog

O Concello de Miño convoca 8 prazas de socorristas acuáticos

26 de mayo de 2022

O CONCELLO DE MIÑO CONVOCA 8 PRAZAS, CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, DE SOCORRISTAS ACUÁTICOS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SALVAMENTO DE PRAIAS NA TEMPADA DE VERÁN 2022

REQUISITOS E SOLICITUDES: 

Estar inscrito no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (sección: socorristas en espazos acuáticos naturais). 
Posuír o título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega Celga 1.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da pubicación do anuncio da convocatoria no BOP, é dicir, ata o día 31/05/2022
As instancias, podrán presentarse ou ben no Rexistro Xeral do Concello ou na súa Sede Electrónica.

PROCESO SELECTIVO:
O sistema selectivo será por Oposición Libre.

EXERCICIO 1. Resolución por escrito dun cuestionario proposto polo tribunal de 20 preguntas cortas relativas ao temario  nun tempo máximo de 45 minutos. 

EXERCICIO 2. Percorrer unha distancia de 350 metros, e a continuación entrada na auga e natación en augas abertas, desde unha baliza situada no areal ata unha boia colocada enfronte a baliza de terra, debendo superala polo exterior. Dependendo do estado do mar, o tribunal establecerá a distancia a nadar, así como o tempo máximo para a realización da proba.

EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio para os aspirantes que non acreditasen o coñecemento da lingua galega

Traducir de castelán a galego (oral ou escrito) un texto proposto polo tribunal  nun tempo máximo de 30 minutos.

TEMARIO: 
  1. Anatomía e fisioloxía. Conceptos xerais. Sistemas e aparatos
  2. Socorrismo. Principios xerais
  3. Reanimación cardiopulmonar.
  4. Traumatismos. Lesións e contusións
  5. Feridas. Hemorraxias
  6. Shock. Cadros convulsivos
  7. Queimaduras. Trastornos térmicos.
  8. Intoxicacións.
  9. Picaduras e mordeduras
  10. Accidentes acuáticos
  11. Plan de autoprotección.
  12. Plan de actuación en zonas de baño
  13. Salvamento e socorrismo acuático profesional.
  14. Praias e augas oceánicas e continentais.
  15. Praias do Concello de Miño.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: