Diseño del blog

O Concello de Maceda publica as bases e convocatoria para 1 praza de Auxiliar de Axuda no Fogar

20 de diciembre de 2022

O CONCELLO DE MACEDA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza a estabilizar.
  • Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía
  • Acreditar a cualificación profesional de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, establecida polo Real Decreto 295/2004, do 20 de febreiro, segundo se determina na normativa que a desenvolve. Para este efecto, consideraranse os seguintes títulos e certificados:
  • O título de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría establecido polo Real Decreto 546/1995, do 7 de abril, ou os títulos equivalentes de técnico/a auxiliar clínica, técnico/a auxiliar psiquiatría e técnico/a auxiliar de enfermaría que se establecen no Real Decreto 777/1998, do 30 de abril, ou, de ser o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • título de técnico/a en atención a persoas en situación de dependencia, regulado polo Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou o título equivalente de técnico/a de atención sociosanitaria, establecido polo Real Decreto 496/2003, do 2 de maio, ou, de ser o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • O título de técnico/a superior en integración social, establecido polo Real Decreto 1074/2012, do 13 de xullo, ou o título equivalente de técnico/a superior en integración social establecido no Real Decreto 2061/1995, do 22 de decembro, para aqueles profesionais que á data de publicación do Acordo do Consello Territorial de Servicios Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia do 19 de outubro de 2017 se atopen traballando na categoría profesional de asistente/a persoal ou auxiliar de axuda no fogar.
  • O certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, regulado polo Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou, de ser o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • O certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, regulado polo Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou o equivalente certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda no fogar, regulado no Real Decreto 331/1997, do 7 de marzo, ou, de ser o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • A habilitación excepcional prevista no capítulo II da Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante a posesión do Celga 2 ou equivalente homologado segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo, do permiso de conducir de clase B en vigor


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Tempo: 60 minutos


Consistirá na realización dun exame tipo test


O exame constará de trinta (30) preguntas e seis (6) adicionais de reserva.


Cada pregunta disporá de catro (4) respostas alternativas, das que só unha (1) é a correcta.


EXERCICIO 2

Tempo: 30 minutos


A proba práctica consistirá do desenvolvemento e execución dun suposto práctico proposto polo tribunal



TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978. A organización municipal. O concello. Órganos municipais.
  2. Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar.
  3. Características e necesidades de atención hixiénico-sanitarias das persoas dependentes. Administración de alimentación e tratamentos a persoas dependentes en domicilio.
  4. Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para persoas dependentes en domicilio. Mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes en domicilio.
  5. Apoio as xestións cotiás das persoas dependentes. Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas dependentes

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: