Diseño del blog

O Concello de Maceda publica as bases e a convocatoria para 1 praza de mestre/a da escola infantil

20 de diciembre de 2022

O CONCELLO DE MACEDA PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE MESTRE/A DE ESCOLA INFANTIL

PROCESOS E SOLICITUDES

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza a estabilizar.
  • Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía
  • Estar en posesión, ou en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo, do título de técnico/a superior en educación infantil ou equivalente, ou da acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en educación infantil, na familia profesional servicios socioculturais e á comunidade, código SSC322_3, nas unidades de competencia UC1027_3, UC1028_3, UC1029_3, UC1030_3, UC1031_3, UC1032_3 e UC1033_3, segundo o Real Decreto 1368/2007, do 19 de outubro, e o Real Decreto 151/2022, do 22 de febreiro, que habilita para traballar como educador/a infantil nunha escola infantil, primeiro ciclo, de 0 a 3 anos; ou do título universitario oficial de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en educación infantil, de mestre/a especialista de educación infantil, de diplomado/a en profesorado de educación xeral básica ou de mestre/a de primeiro ensino coa especialidade de educación infantil ou educación preescolar; ou do título universitario oficial de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión de mestre en educación primaria en calquera das súas mencións ou de mestre/a nas súas diversas especialidades, de diplomado/a en profesorado de educación xeral básica ou de mestre/a de primeiro ensino, sempre que ademais se estea en posesión dalgún dos requisitos establecidos polo artigo 2.4 do Real Decreto 476/2013, do 21 de xuño. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite a homologación
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante a posesión do Celga 4 ou equivalente homologado segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Tempo: 60 minutos

Consistirá na realización dun exame tipo test


O exame constará de trinta (30) preguntas e seis (6) adicionais de reserva.


Cada pregunta disporá de catro (4) respostas alternativas, das que só unha (1) é a correcta.


EXERCICIO 2

Tempo: 30 minutos


A proba práctica consistirá do desenvolvemento e execución dun suposto práctico proposto polo tribunal



TEMARIO:

  1. A Constitución española de 1978: estrutura e contidos. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
  2. Principios de actuación da Administración pública. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.
  3. O administrado e os seus dereitos. Colaboración e participación dos cidadáns nas función administrativas. O principio de audiencia do interesado
  4. O acto administrativo. Concepto. Elementos.
  5. Principios xerais do procedemento administrativo. O elemento temporal do acto administrativo: días e horas hábiles. Computo de prazos. O silencio administrativo.
  6. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.
  7. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.
  8. Organización municipal. Competencias
  9. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Concepto e clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
  10. O emprego público local. Organización. Adquisición e perda da condición de empregado público. Dereitos e deberes dos empregados públicos das entidades locais.
  11. O coñecemento físico do neno/ de cero a tres anos.
  12. Educación para a saúde. Actitudes e hábitos referidos o descanso, hixiene e actividade infantil. Prevención de accidentes, primeiros auxilios e enfermidades infantís.
  13. Psicoloxía do desenvolvemento na educación infantil. Desenvolvemento perceptivo e atencional. Desenvolvemento psicomotor.
  14. Adquisición da linguaxe. Desenvolvemento da linguaxe. Dificultades da linguaxe.
  15. A orixe do desenvolvemento social: o apego. O desenvolvemento emocional. A construción da identidade e o coñecemento social.
  16. Integración escolar. As diferenzas individuais. Alteracións do desenvolvemento e do comportamento.
  17. O proxecto curricular da etapa de educación infantil. Elementos para a elaboración do proxecto curricular da etapa.
  18. Aspectos xerais da programación. Programación de unidades didácticas. Programación de pequenos proxectos.
  19. As adaptacións curriculares no marco curricular. A formación multicultural. Programas de intervención na educación infantil.
  20. Metodoloxías específicas de educación infantil.

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: