Diseño del blog

O Concello de Miño convoca 4 prazas para controladores/as de aparcadoiro

26 de mayo de 2022

O CONCELLO DE MIÑO CONVOCA 4 PRAZAS DE CONTROLADORES DE APARCADOIRO REGULADO EN SUPERFICIE DA ZONA ORA DA PRAIA GRANDE DE MIÑO PARA A TEMPADA DE VERÁN 2022

REQUISITOS E SOLICITUDES:

Non se esixe estar en posesión de ningunha das titulacións previstas no sistema educativo.
Deberase estar en posesión do título acreditativo de nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 1, equivalente ou superior. 

O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, é dicir ata o día 31/05/2022
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, na súa Sede Electrónica ou de maneira presencial no Concello de Miño

PROCESO SELECTIVO

Soamente será 1 exercicio de caracter obrigatorio e eliminatorio. 

Consistirá nun cuestionario de 20 preguntas tipo test con 3 respostas alternativas e en desarrollar un caso práctico relacionado coas tarefas do posto de traballo. 

A duración máxima da realización do exercicio será de 60 minutos. A proba será determinada polo órgano de selección, entre todo o contido do programa.

Ao cuestionario tipo test engadiránselle 5 preguntas de reserva.

EXERCICIO DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA Obrigatorio e eliminatorio para os aspirantes que non acrediten o coñecemento da lingua galega.

Traducir e castelán a galego (oral ou escrito) un texto proposto polo Tribunal nun tempo máximo de 30 minutos

TEMARIO
  1. O municipio de Miño
  2. Os Concellos. Competencias e órganos de goberno
  3. O rueiro de Miño.
  4. Sinalización e ordenación do tráfico de vehículos.
  5. As praias de Miño e seu entorno
  6. O diñeiro. Moedas e billetes. Equivalencia ente moedas e billetes
  7. Horas, minutos e segundos. Sumar o restar unidades de tempo.
  8. A regra de tres. Que é, significado e concepto
  9. A regra de tres. Cálculos
  10. Cálculo de áreas e perímetros das figuras planas máis usuais
  11. Residuos sólidos urbanos e a súa xestión
  12. Mantemento de xardíns
  13. Igualdade. Conceptos básicos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: