REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TREBEP, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban en caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado
- Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente
- Estar en posesión do Título de bacharel, técnico ou equivalente ou en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións oficiais non expedidas en España deberase estar en posesión, na mesma data do remate do prazo para presentar as instancias, da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a homologación do título, expedida polo organismo competente. Para acreditar este requisito a persoa aspirante debera achegar copia do título oficial ou, no seu defecto, copia do xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo
Presentación electrónica preferente.
A solicitude de participación no procedemento selectivo realizarase, de forma preferente por medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica do Concello de Moaña.
Para presentar as solicitudes a través do rexistro electrónico, a sede electrónica do Concello de Moaña admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de
sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal)
e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).
b) Presentación presencial opcional.
Tamén poderán presentarse as solicitudes presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Moaña ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1
de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando
o formulario normalizado para a presentación presencial deste procedemento que se recolle
como anexo as bases.
O modelo de solicitude de participación no procedemento selectivo estará a disposición das persoas interesadas nas oficinas administrativas do Rexistro do concello (Planta baixa da Casa
Consistorial, rúa As Barxas, 2 Moaña, en horario de 9 a 14h, de luns a venres) e no Taboleiro
electrónico de anuncios da sede electrónica do Concello de Moaña ao que se accede a través
da https://moana.sedelectronica.gal (apartado “INFORMACIÓN XERAL”- Taboleiro de anuncios/
sección “Emprego Público”).
As solicitudes que se presenten a través das oficinas de correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas polo persoal de Correos antes de seren certificadas.
As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo sinalado, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que a
remitirán seguidamente ao organismo competente.
As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello de Moaña deberán ser comunicadas o mesmo día da presentación por fax ao Concello (986310104) e/ou mediante
correo electrónico a auxiliar.persoal@concellodemoana.org, enviando a copia da solicitude
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1
. Obrigatorio e eliminatorio cun temo máximo de 40 minutos
Contestar por
escrito a un test de 40 preguntas con 4 respostas alternativas por pregunta, baseado no
contido do temario
EXERCICIO 2
. Obrigatorio e eliminatorio cun temo máximo de 60 minutos
Desenvolvemento escrito de forma lexible, de 1 tema da parte específica do temario, a escoller entre os 2 que
serán seleccionados ao chou polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio
Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente pola persoa aspirante ante o tribunal, sendo
excluídos do proceso selectivo automaticamente as persoas que non comparezan
Neste exercicio valorarase o nivel de coñecemento, a capacidade e a formación xeral, a
claridade de ideas, a precisión e o rigor na exposición e a calidade da expresión escrita.
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos
Desenvolver 1
ou varios supostos de carácter procedemental e administrativo.
O/s suposto/s que se propoña/n deberá/n permitir avaliar a capacidade das persoas
aspirantes para desenvolver as tarefas administrativas propias do posto de traballo ao que se
opta e relacionadas coas materias que integran o temario
Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente pola persoa aspirante ante o tribunal que
poderá realizar preguntas ou solicitar aclaracións acerca do seu contido, sendo excluídos do
proceso selectivo automaticamente as persoas que non comparezan á lectura
Para a realización desta proba as persoas aspirantes poderán acudir provistas, para a súa
consulta, de copias da normativa, en soporte papel, publicadas no Boletín Oficial do Estado, ou
diarios oficiais (DOG e BOP.PO), así como textos legais de calquera editorial aínda que inclúan
comentarios, sempre que estes se limiten exclusivamente a meras concordancias normativas,
citas de resolucións xudiciais ou administrativas, ou referentes a textos publicados por autores
sobre a materia. Agora ben, non se permitirá o uso de dispositivos dixitais, libros de texto,
sentencias, mementos ou similares. Tamén se permitirá o uso de calculadora.
EXERCICIO 4
. Obligatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos
Realizar unha proba
sobre o coñecemento do idioma galego, que determinará o tribunal co asesoramento do Servizo
de normalización lingüística e sen uso de material de apoio.
Estarán exentos da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír
o título CELGA 4 ou equivalente homologado. Esta acreditación terá que realizarse durante o
prazo de presentación de solicitudes
EXERCICIO 5.
Obrigatorio e eliminatorio
Proba
práctica de coñecementos informáticos a nivel usuario de contornos operativos Windows ou
similares, manexo de ferramentas de ofimática (LibreOffice ou similar), de utilidades elementais
de internet no dito contorno (navegación, correo electrónico, etc.) ou de plataformas de
administración electrónica, no tempo que estableza o tribunal
TEMARIO
:
- A Constitución española de 1978
- Dereitos e deberes fundamentais dos españois
- A organización do Estado na Constitución
- As Cortes Xerais
- O Poder Xudicial
- O Poder Executivo
- A organización territorial do Estado na Constitución
- A cooficialidade lingüística na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia.
- O dereito administrativo.
- A Administración local
- A potestade sancionadora
- A responsabilidade patrimonial da Administración
- A transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno.
- O municipio
- O Goberno municipal
- Réxime de funcionamento dos órganos colexiados do Concello (I)
- Réxime de funcionamento dos órganos colexiados do Concello (II)
- A potestade regulamentaria local
- O acto administrativo.
- O procedemento administrativo
- A revisión dos actos administrativos
- A relación xurídico–administrativa.
- O Rexistro de documentos.
- O persoal ao servizo da Administración local.
- Os dereitos e deberes dos funcionarios locais
- Os bens das entidades locais
- O Orzamento Xeral das Entidades Locais
- A execución do orzamento de gastos e de ingresos
- Facendas Locais
- As taxas municipais e as súas clases
- Os impostos locais obrigatorios sobre bens inmóbeis
- Contratación (I).
- Contratación (II).
- Contratación (III).
- Contratación (IV).
- Contratación (V).
- Clasificación do Solo
- A autorización administrativa previa a través da licenza urbanística
- As ordes de execución
- A protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.