Diseño del blog

O Concello de Moaña publica as bases da convocatoria para 1 praza de limpador/a

22 de junio de 2022

O CONCELLO DE MOAÑA PUBLICA AS BASES PARA A CONVOCATORIA DE 1 PRAZA DE LIMPADOR/A POR OPOSICIÓN LIBRE

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TREBEP, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban en caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado
  • Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente
  • Non se require titulación

Presentación electrónica preferente.
A solicitude de participación no procedemento selectivo realizarase, de forma preferente por medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica do Concello de Moaña.

Para presentar as solicitudes a través do rexistro electrónico, a sede electrónica do Concello de Moaña admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Presentación presencial opcional.
Tamén poderán presentarse as solicitudes presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Moaña ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado para a presentación presencial deste procedemento que se recolle como anexo as bases.

O modelo de solicitude de participación no procedemento selectivo estará a disposición das persoas interesadas nas oficinas administrativas do Rexistro do concello (Planta baixa da Casa Consistorial, rúa As Barxas, 2 Moaña, en horario de 9 a 14h, de luns a venres) e no Taboleiro electrónico de anuncios da sede electrónica do Concello de Moaña ao que se accede a través da https://moana.sedelectronica.gal (apartado “INFORMACIÓN XERAL”- Taboleiro de anuncios/sección “Emprego Público”).

As solicitudes que se presenten a través das oficinas de correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas polo persoal de Correos antes de seren certificadas.

As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo sinalado, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que a remitirán seguidamente ao organismo competente.

As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello de Moaña deberán ser comunicadas o mesmo día da presentación por fax ao Concello (986310104) e/ou mediante correo electrónico a auxiliar.persoal@concellodemoana.org, enviando a copia da solicitude

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1: Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos

Contestar por  escrito a un test de 20 preguntas con 4 respostas alternativas por pregunta, baseado no  contido do temario

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eleiminatorio co tempo máximo que determine o tribunal

Realización dunha  proba práctica que permita valorar a aplicación dos coñecementos, as capacidades das persoas  aspirantes, así como coñecer as súas habilidades e destrezas para o desempeño das tarefas 
relacionadas co contido do posto.

Esta proba práctica, a criterio do tribunal, poderá consistir nun suposto práctico por escrito,  na execución material de determinadas tarefas illadas ou nun circuíto a realizar en determinado  tempo máximo ou nunha combinación de ambas (supostos prácticos escritos mais execución  material de tarefas).

EXERCICIO 3. Obrigatorio eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos

Realizar unha  proba sobre o coñecemento do idioma galego, que determinará o tribunal co asesoramento do 
Servizo de normalización lingüística e sen uso de material de apoio

Estarán exentos da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír  o título CELGA 2 ou equivalente homologado. Esta acreditación terá que realizarse durante o  prazo de presentación de solicitudes

TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. O municipio
  3. O persoal ao servizo da Administración Local
  4. Útiles, instrumentos, ferramentas e máquinas de uso común en labores de limpeza
  5. Sistemas de limpeza e desinfección
  6. Limpeza de oficinas e despachos
  7. Eliminación e tratamento de diferentes tipos de manchas das superficies lavables
  8. Desinfección de superficies en xeral
  9. Procedementos xerais de limpeza e hixiene en centros de saúde, en centros de ensino  e en instalacións municipais en xeral. 
  10. Protección ambiental.
  11. Prevención de riscos laborais específica do persoal de limpeza

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: