Diseño del blog

O Concello de Neda publica as bases e convocatoria para 1 traballador/a social

13 de julio de 2022

1 TRABALLADOR/A SOCIAL COMO  FUNCIONARIO/A INTERINO/A, POR PROGRAMA, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, A TEMPO PARCIAL - MEDIA XORNADA

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TREBEP e do previsto no artigo 52 da LEPG,  respecto do acceso ao emprego público por nacionais doutros estados
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas atribuídas ao posto de traballo
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral no que fora separado ou inhabilitado
    • No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Non estar incurso en causas de incompatibilidade do persoal ao servizo das administracións públicas conforme á normativa vixente
  • Estar en posesión do título de Grao universitario en Traballo Social, Diplomado en traballo social ou titulación universitaria de grao equivalente.
As persoas que desexen tomar parte neste proceso selectivo deberán facelo constar en instancia dirixida ao Sr. Alcalde, segundo o modelo establecido no Anexo I das bases, que se presentará no Rexistro do Concello de Neda, así  como en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo  Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do  anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ate o día 26/07/2022

No caso de presentar a solicitude nun lugar distinto ao do Rexistro do Concello de Neda, as persoas aspirantes deberán  remitir unha copia da instancia, e da documentación anexa á mesma, á dirección de correo electrónico: correo@neda.gal, no  mesmo día da súa presentación nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento  Administrativo Común das Administracións Públicas, e sempre que sexa dentro do prazo de presentación de instancias


PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 50 minutos

Cuestionario tipo  test de 40 preguntas e 5 de reserva, relativas ao temario. Cada pregunta contará con 4  respostas alternativas sendo só 1 delas a correcta.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 30 minutos

Tradución directa do castelán ao galego dun texto proposto polo  Tribunal

Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que, coa presentación da instancia, acrediten, estar en  posesión do Celga 4 ou equivalente.

TEMARIO:
  1. A Constitución Española
  2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia
  3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
  4. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas II
  5. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas III
  6. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas IV
  7. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
  8. O municipio
  9. A organización municipal.
  10. As competencias municipais
  11. O acto administrativo
  12. As facendas locais
  13. Tipoloxía de persoal.
  14. Persoal ao servizo da Administración Local
  15. Políticas actuais do Estado de benestar. Acción Social
  16. Marco legal dos servizos sociais
  17. Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
  18. A entrevista en traballo social
  19. Traballo social nos servizos sociais comunitarios básicos
  20. Os servizos sociais especializados
  21. Servizo de axuda no fogar.
  22. LEI 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención a persoas en situación de  dependencia
  23. Configuración do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia
  24. DECRETO 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á Historia Social Única Electrónica.
  25. Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
  26. Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia
  27. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre homes e mulleres
  28. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
  29. Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia
  30. Procesos sobre a capacidade das persoas adultas na normativa vixente de axuizamento civil

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: