Diseño del blog

O Concello de OIA publica as bases e convocatoria para a selección de 3 conductores de motobomba

13 de julio de 2022

O CONCELLO DE OIA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 3 OFICIAIS DE PRIMEIRA, CONDUCTORES/AS DE MOTOBOMBA

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES E SOLICITUDES:
  • Ter nacionalidade española, ou nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57 do RD lex. 5/2015, de 30 de outubro, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados
  • Ter cumpridos 18 anos e non exceder de 60 anos.
  • Posuír ou estar en condicións de obter o título de graduado escolar, formación profesional 1º grao ou equivalente (titulación nova= graduado en educación secundaria). No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación
  • Posuír o permiso de condución da clase C
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto ao que aspira. En consecuencia, non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións do posto de traballo. (Son excluíntes as lesións de corazón, pulmón ou intestinais, trastornos psicolóxicos, incapacidades do aparato locomotor, enfermidades infecciosas, a obesidade, a cegueira e a xordeira. En mulleres, será igualmente causa de exclusión o embarazo).
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. 
Os que desexen participar no proceso selectivo deberán presentar unha instancia dirixida  á Sra. alcaldesa-Presidenta do Concello de Oia, no prazo de 8 días naturais contados a  partir do seguinte ao da publicación do anuncio no taboleiro de anuncios do Concello  (oia.sedelectronica.es), é dicir, ate o día 21/07/2022

As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, ou no rexistro electrónico  aloxado na sede electrónica do concello ( oia.sedelectronica.es) ou nas formas que indica  o artigo 16 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

No caso de que a instancia non se presente directamente no rexistro xeral do concello o  aspirante deberá dirixir ao concello, a través do mail info@concellodeoia.es unha  copia da instancia na que figure a data de presentación no rexistro correspondente, aos  efectos de que poida ser incluída na relación de admitidos/as

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 30 minutos

Test de 20 preguntas con tres respostas alternativas por pregunta,  relativa a as actividades de extinción, ferramentas e organización, así como a temas de  protección dos ecosistemas forestais.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio no tempo que determine o tribunal

Proba de condución cun camión de incendios,  determinada polo Tribunal inmediatamente antes da súa realización

EXERCICIO 3. PROBA FÍSICA

Realizarase a proba do banco co obxecto de comprobar s e a persoa aspirante ten unha condición axeitada de saúde e aptitude física.

Empregarase un banco de 40 cm de altura para homes e de 33 cm para mulleres, co que  se subirá e baixará a razón de 90 movementos por minuto (22,5 veces minuto) durante  un período de 5 minutos. 

Para a súa práctica os aspirantes deberán acudir provistos de roupa deportiva.

REALIZACIÓN DUN CURSO TEÓRICO-PRÁCTICO E RECOÑECEMENTO  MEDICO PREVIO:

Unha vez formalizado o contrato, os traballadores contratados deberán obrigatoriamente  realizar un curso teórico–práctico sobre prevención e defensa contra incendios así como  un recoñemento médico preventivo, sendo a non realización do mesmo, causa de  extinción do contrato.

TEMARIO:
  1. O municipio de Oia
  2. Primeiros auxilios
  3. Teoría do lume.
  4. Incendios forestais
  5. Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia
  6. Aparellos extintores de incendios
  7. Tipos de vehículos dos servizos de extinción de incendio se salvamento
  8. Equipamento persoal dos traballadores
  9. Equipamento dos vehículos de extinción de incendios

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: