REQUISITOS E SOLICITUDES:
Para poder acceder a esta bolsa de emprego, os aspirantes deben estar en posesión ou en condicións de obter, na data en que remate o prazo de presentación de instancias a titulación de Educación Secundaria Obligatoria así como do Celga3 ou documento equivalente homologado polo órgano competente.
Xunto coa solicitude deberase entregar o xustificante de ter ingresada a taxa por participación en proceso selectivo, antes de que remate o prazo de presentación de instancias, esta taxa terá un valor de 15€
O prazo de presentacion será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, é dicir, ata o 28/05/2022
A solicitude realizarase seguindo o modelo facilitado no Rexistro Xeral do Concello ou ben no habilitado como trámite na Sede Electrónica do Concello.
A presentación será preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello (https://orosal.sedelectronica.es), no caso de que se presente a instancia deste xeito, a documentación adxunta á solicitude deberá subirse separadamente, de xeito que cada documento electrónico sexa copia do seu orixinal en formato papel.
Os documentos correspondentes a xustificación de méritos deberán subirse nun arquivo comprimido e todos os documentos deberán ter un título que facilite a súa identificación.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 90 minutos
Contestar, por escrito, un exame tipo test de 50 preguntas de contido teórico, práctico ou teórico-práctico, o órgano de selección determinará o número de preguntas de reserva.
EXERCICIO 2.
Origatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 120 minutos.
Consistirá en demostrar coñecementos de réxime xurídico das administracións públicas e especificamente do réxime local, así como das restantes materias a través de 1 ou varios exercicios prácticos propostos polo órgano de selección.
Os aspirantes podrán acudir provistos de normativa en formato papel sen comentarios e sen que poidan acompañarse de libros de formularios ou murais.
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e eliminatorio agás para aqueles aspirantes que na solicitude do proceso presentasen o Celga3 ou equivalente
Realización dunha proba escrita de coñecemento da lingua galega, coa tradución dun texto do castelán ao galego.
TEMARIO:
- A Constitución Española de 1978: estrutura e contido. A organización territorial do Estado na Constitución. A Administración Local na Constitución. O Estatuto de Autonomía de Galicia.
- A Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. Capacidade de obrar e concepto de interesado. Identificación e firma dos interesados no procedemento. Os dereitos dos cidadáns nas súas relacións coa administración. Os rexistros. O arquivo de documentos. A obriga de resolver. O silencio administrativo. Os documentos no expediente administrativo
- O acto administrativo. Motivación e forma. Os termos e prazos. Eficacia dos actos administrativos. A notificación e publicación dos actos administrativos. Especial referencia á notificación electrónica.
- O procedemento administrativo: concepto e clases. Os principios xerais do procedemento administrativo. As normas reguladoras. Fases do procedemento administrativo xeral. Os informes. O trámite de audiencia.
- A resolución do procedemento administrativo. Os recursos administrativos: concepto e clases. A executoriedade dos actos administrativos. A execución forzosa. Medios de execución forzosa.
- A invalidez do acto administrativo. Actos supostos de nulidade de pleno dereito e de anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración. A acción de nulidade,procedemento, límites. Efectos. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais e de feito.
- Os órganos administrativos. Competencias. Funcionamento dos órganos colexiados. Abstención e recusación. Funcionamento electrónico do sector público.
- A potestade sancionadora. Principios de exercicio da potestade sancionadora. Especialidades do procedemento en materia sancionadora.
- A responsabilidade patrimonial da Administración Pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcibles. especialidades do procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas
- O municipio: concepto, elementos e competencias. O termo municipal. A poboación municipal. O Padrón de habitantes. O estatuto dos veciños.Competencias propias, compartidas e delegadas. Os servizos mínimos. A reserva de servizos
- As singularidades do procedemento administrativo local: procedemento electrónico. A revisión e revocación dos actos dos entes locais. Recursos administrativos e xurisdicionais contra actos locais
- A organización municipal nos concellos de réxime común. Órganos necesarios e órganos complementarios. O Pleno. O Alcalde. Os tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local. Competencias de cada un deles. A participación dos veciños na xestión municipal..
- A potestade regulamentaria local. Ordenanzas e Regulamentos. Definición. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
- Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. O Rexistro de documentos nas entidades locais.
- Os contratos do sector público. Delimitación dos tipos contractuais. Os contratos menores. O perfil de contratante. Preparación dos contratos. Selección do contratista e adxudicación dos contratos. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos. Os Rexistros oficiais de licitadores de empresas clasificadas. O Rexistro de Contratos do Sector Público. A Plataforma de contratación do Sector Público
- Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público: nocións xerais.
- O orzamento das entidades locais. Elaboración e aprobación. Principios orzamentarios. Modificacións orzamentarias: os créditos extraordinarios e os suplementos de créditos, as transferencias de créditos e outras figuras. Liquidación do orzamento. Conceptos básicos sobre a contabilidade das Administración Locais
- Os recursos das Facendas Locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Estudio especial dos ingresos tributarios. Impostos, taxas e contribucións especiais. Os prezos públicos
- A actividade en materia de subvencións das Entidades Locais: Regulación. Procedementos de concesión de subvencións. Beneficiarios de subvencións Xustificación de subvencións. Infraccións e sancións en materia de subvencións.
- O persoal ao servizo das Corporacións Locais: Clases e réxime xurídico. A Selección do persoal funcionario e laboral. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Retribucións. Licencias e permisos. Dereitos sindicais e de representación. Responsabilidade. Incompatibilidade. Réxime disciplinario.
- Intervención na edificación e uso do solo. Normativa reguladora. Títulos habilitantes de natureza urbanística e parcelacións. Disciplina urbanística: a inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e as infraccións e sancións..
- A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia. Estrutura e contido. Os servizos sociais comunitarios. Decreto 99/2012 de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu funcionamento: nocións xerais.
- Conceptos básicos de ofimática. Procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, correo electrónico.