Diseño del blog

O Concello de Lugo convoca 2 prazas de ordenanza, 1 en quenda libre ordinaria e 1 quenda libre reservada a personas con Diversidade Funcional

24 de mayo de 2022

Publicación das bases específicas para o acceso en propiedade a 2 prazas de subalterno do Concello de Lugo, 1 en quenda de acceso libre ordinario e 1 en quenda libre reservada a persoas con diversidade funcional.

REQUISITOS E SOLICITUDE:

Para poder acceder as prazas de subalterno implantouse o sistema selectivo de Oposición, non se esixe titulación académica algunha.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo nun prazo de 20 días hábiles a contar dende o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE, é dicir, ata o 12/06/2022
Aquelas persoas que accedan polo turno de diversidade funcional deberán facer constar o seu certificado de discapacidade para poder obter as adaptacións necesarias de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios.
A taxa en concepto de dereitos de exame é de 10.80€

EXERCICIOS DA OPOSICIÓN:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a sua realización de 40 minutos.

Contestar por escrito un cuestionario composto por 20 preguntas tipo test relativas tanto ao contido común como específico 

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a sua realización de 1 hora.

Realizar un suposto ou proba práctica que formulará o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicios cos contidos do programa e coas funcións propias da natureza destas prazas.

EXERCICIO 3 . Coñecemento de galego.

Aquelas persoas que non acrediten o nivel de galego deberán realizar dita proba.

TEMARIO:
  1. Constitución Española
  2. Comunidad Autónoma Gallega
  3. Reglamento local específico 
  4. Procedemento Administrativo Común 
  5. A guía de rúas da cidade de Lugo. Localización de dependencias municipais, organismos, edificios e centros públicos e de interese da cidade de Lugo.
  6. A presentación de instancias e documentos nas oficinas públicas. Comunicacións e notificacións. Correspondencia e paquetería: envíos e servizos postais. 
  7. O persoal ao servizo da Administración local: concepto e clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades.
  8. Información e atención ao público: presencial, telefónica e por medios informáticos. Técnicas de atención ao público.
  9. Manexo de máquinas de reprografía e oficina: reprodutoras, multicopistas, fotocopiadoras, fax, encadernadoras, destrutoras, centralitas telefónicas, impresoras, escáner, plastificado e outras análogas. Tipos de papel.
  10. A Vixilancia e custodia de edificios: vixilancia da seguridade do edificio. Control de accesos. Servizo de consigna. Apertura e peche de edificios e locais.
  11. Prevención de riscos laborais inherentes a un posto de Ordenanza: os seus dereitos e obrigas. Medidas preventivas e pautas de actuación ante incendios e emerxencias.
  12. Réxime de precedencias e tratamentos honoríficos. Preparación de reunións. Preparación de medios materiais. 

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: