TRABALLOS A REALIZAR:
Traballos de vixilancia e defensa contra os incendios forestais, labores encamiñadas a prevención que diminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios, no caso de producirse de conformidade no co establecido no Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ortigueira.
Os membros da brigada deberán ter plena dispoñibilidade (incluíndo domingos, festivos, quendas de noite, segundo as necesidades do servizo)
PERIODO DE PROBA
No caso de contratación en réxime laboral temporal e en aplicación do Estatuto dos Traballadores establecese un período de proba de 15 días laborais.
No caso de nomeamento de funcionario interino estarase ao disposto no Estatuto Básico de Empregado Público.
REQUISITOS E SOLICITUDES:
No prazo de 5 días hábiles dende do día seguinte á publicación no BOP do anuncio da convocatoria do proceso selectivo, as presoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no Rexistro electrónico do Concello a través do procedemento que se estableza expresamente ou por calquera dos outros membros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.
Debido ao breve prazo para a presentación de instancias, no caso de aquelas presentadas noutros organismos os interesados deberán enviar ao Concello de Ortigueira unha copia simple da instancia na que figure a súa data de presentación no rexitro correspondente.
O prazo para a presentación de instancias será ate o día 16/06/2022
PARA O POSTO DE XEFE DE BRIGADA
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Enxeñeiro de montes
- Enxeñeiro técnico forestal
- Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos
- Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural
- Permiso de conducir tipo B
PARA O POSTO DE PEÓN CONDUTOR
- Estar en posesión do certificado de escolaridade, equivalente ou superior
- Permiso de conducir tipo C
PARA O POSTO DE PEÓN
- Estar en posesión do certificado de escolaridade, equivalente ou superior.
FUNCIONAMENTO DA BOLSA:
Cando as necesidades do servizo así o requiran e, en calquera dos supostos aos que se refiren estas bases, procederase ao chamamento de candidatos da bolsa de traballo seguindo as seguintes regras.
Inicialmente, publicadas as bolsas de traballo, os contratos previstos con máis larga duración, asinaranse aos primeiros da lista, unha vez estea en funcionamento, e cando as necesidades do servizo así o requiran, procederase sempre ao chamamento da persoa candidata con maior cualificación na mesma e por estrito orde, sempre e cando non estea traballando para o Concello.
O/a aspirante contratado/a deberá realizar un recoñecemento médico para garantir as condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento, declarase ao aspirante decaído do seu dereito á contratación procedendo a súa baixa de xeito inmediato.
Os aspirantes seleccionados deberán realizar un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas de maneira obrigatoria.
A bolsa de traballo resultante do proceso de selección regulado nas bases estarán vixentes ata a posta en marcha dun novo proceso que a sustitúa.
PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio
Proba de banco:
Antes da realización deste exercicio darase información detallada ós aspirantes do desenvolvemento e forma de valoración da proba a realizar.
Consiste en empregar un banco de aproximadamente 40cm para os homes e 33cm para as mulleres, no que se subirá e baixará a razón de 90 movementos por minuto (22.5 veces/minuto) durante 5 minutos. O ritmo será marcado cun metrónomo.
Unha vez finalizado a persoa repousará durante 15 segundos e tomarase o pulso, cos datos da idade, peso (tomado no momento) e pulsacións obterase a capacidade aeróbica do aspirante
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio
PARTE 1.
- Peón e Peón conductor: Test de 20 preguntas tipo test con 4 posibles respostas nun tempo máximo de 30 minutos.
- Xefe de brigada: Exame tipo test de 49 preguntas con 4 posibles respostas nun tempo máximo de 45 minutos
PARTE 2
Cun tempo máximo para a sua realización de 10 minutos.
Os aspirantes deberán demostrar as súas habilidades e coñecementos profesionais na realización da proba estipulada pola Comisión cualificadora, atendendo á categoria a desempeñar
EXERCICIO 3.
Aquelas persoas que non acrediten coñecementos básicos de lingua galega terán unha proba que se calificará como apto ou non apto.
Quedarán exentas aquelas persoas que acrediten estar en posesión do Celga1 equivalente ou superior para peón e peón-conductor e o Celga4 equivalente ou superior para xefe de brigada
TEMARIO
:
PEÓN CONDUCTOR E PEÓN:
- O municipio
- A defensa contra os incendios forestais en Galicia
- Os incendios forestais
- Prevención contra os incendios
- Accións básicas de extinción
- Equipos de protección individual e medidas de seguridade
XEFE DE BRIGADA
- O municipio
- –Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia).
- Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais
- Orde do 13 de marzo de 2009 sobre aprobación dos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia
- O Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA
- Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal
- Orde do 18 de abril do 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal
- A defensa contra incendios forestais en Galicia
- Lume forestal e o seu comportamento
- Sistemas de detección e comunicación. Extinción de incendios forestais.
- Prevención
- Seguridade e prevención de riscos. A seguridade persoal e a prevención de accidentes