Diseño del blog

O concello de Mos convoca 6 oficiais de primeira do grupo de emerxencias supramunicipal

9 de junio de 2022

O CONCELLO DE MOS CONVOCA 6 PRAZAS DE OFICIAIS DE PRIMEIRA PARA O GES MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN COMO FUNCIONARIO INTERINO A XORNADA COMPLETA

REQUISITOS E SOLICITUDES:

Para poder acceder a estas prazas os aspirantes deben estar en posesión ou en condicións de obter o título de ESO ou equivalente así como o permiso de conducir tipo C e o Celga2

O prazo de presentaci´ón de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación da convocatoria no BOPPO, é dicir ate o día 21/06/2022

Todos os aspirantes deberán presentar un certificado médico en impreso oficial, asinado por un colexiado en exercicio no que faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións precisas para realizar as funcións que figuran nas bases do grupo de emerxencias supramunicial o día da realización da proba práctica. 

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1: Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximio para a sua realización de 30 minutos

Resolución dun exercicio tipo test de 20 preguntas con 3 respostas alternativas relativas ás funcións a desenvolver segundo o temario. 

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo que determine o tribunal.

Procederase a realizar unha ou varias probas prácticas relacionadas coas funcións a desenvolver tendo en conta o temario.
Valorarase a calidade e a rapidez na execución das tarefas, así como aquelas outras cuestións que determine o tribunal.
Valoraranse puntos tales como o grado de perfección e destreza na súa realización e coñecemento das funcións a desenvolver. 
O/a aspirante que non supere algún dos traballos que compoñan este exercicio quedará excluído do proceso selectivo.

EXERCICIO 3. Obrigatorio e non eliminatorio nun tempo máximo de 30 minutos

Tradución directa do castelán ao galego dun texto proposto polo tribunal sen axuda do diccionario. 
Quedarán exentos aqueles aspirantes que acreditasen posuir no día da finalización do prazo de presentación de instancias o CELGA 2 ou equivalente. 

TEMARIO: 
  1. Protección civil
  2. Planificación en protección civil
  3. Incendios urbanos e industriais
  4. Extinción e desenvolvemento de incendios no interior de edificios
  5. Incendios forestais
  6. Rescate e accidentes de tráfico, ferroviarios e excarceración
  7. Mercadorías perigosas
  8. Intervención en edificacións
  9. Fundamentos de primeiros auxilios
  10. Plans de autoprotección
  11. Prevención de riscos laborais
  12. Hidráulica. Bombas centrífugas. Instalacións hidráulicas nas emerxencias.
  13. Ferramentas utilizadas en emerxencias.
  14. Mecánica
  15. Xeografía e ruteiro dos concellos integrados na zona de actuación do GES do Concello de Mos.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: