REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española, ou algunha outra que, consonte co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, permita o acceso ao emprego público
- Acreditar estar en posesión do título de Diplomatura ou Grao Universitario en Traballo Social, ou equivalente
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa fose separada ou inhabilitada
- No caso do persoal laboral, non ser despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía.
- No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas
- Acreditar coñecementos en lingua galega ( Celga 4 ou equivalente
). En caso contrario deberá someterse á proba de coñecemento do galego.
- Permiso de conducir clase B.
As solicitudesrequirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas bases xerais
para a praza que se opte, dirixiranse ao alcalde-presidente do
concello, presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste
concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas, no prazo de vinte días
hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do
anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Comunidade
Autónoma, é dicir, ate o día 12/08/2022
Así mesmo, as bases da convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica deste concello
[http://punxin.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 50 minutos
Consistirá no desenvolvemento dun
exame tipo test de entre os temas incluídos nas
bases, de 40 preguntas con 3 respostas alternativas, das que
unicamente unha é correcta
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio para aqueles aspirantes que no acrediten antes da súa realización estar en posesión do título de
Celga 4 ou equivalente, cun tempo máximo de 30 minutos.
Tradución directa dun
texto elixido polo tribunal do castelán ao galego, sen axuda de
dicionario,
CONSTITUCIÓN DE BOLSA DE TRABALLO:
Constituirase unha bolsa de traballo coas persoas que superen o proceso de selección e non resulten contratadas, co fin de que poida ser utilizada en futuros chamamentos que puidesen resultar necesarios para cubrir vacantes temporalmente, debidas a baixas por enfermidade, maternidade, vacacións, etc. A bolsa será ordenada segundo a puntuación obtida.
TEMARIO:
- A Constitución Española
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (I)
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (II)
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (III)
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (IV)
- O municipio
- A organización municipa
- Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de
datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
- Prevención de riscos laborais
- Marco legal dos servizos sociais
- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
- O traballo social nos servizos sociais comunitarios básicos. Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
- Convenio programa para o desenvolvemento para as prestacións básicas de servizos sociais nas corporacións locais.
- A entrevista en traballo social
- Os servizos sociais especializados.
- O servizo de axuda no fogar.
- Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia.
- Regulación do procedemento para o recoñecemento da dependencia e do dereito ás prestacións do sistema de dependencia e procedemento de elaboración do PIA da Comunidade Autónoma Galega
- Configuración do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia
- Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á Historia Social Única Electrónica.
- Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e Decreto 14/2019 de desenvolvemento da Lei de inclusión social de Galicia
- A renda de inclusión social de Galicia (RISGA)
- Sistema español de Seguridade Social