REQUISITOS COMÚNS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TREBEP, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban en caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado
- Posuír ou estar en disposición de obter a titulación esixida nas bases específicas para o ingreso na praza. No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas e expedilas
- Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
- Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria
Cando as bases xerais ou específicas contemplen a exención dalgunha proba, as persoas aspirantes deberán facelo constar na súa solicitude
O prazo para presentar as solicitudes de participación será de vinte días hábiles, contados
a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial do Estado, é dicir ate o 11/08/2022
As solicitudes presentaranse segundo o indicado a continuación::
Presentación electrónica preferente.
A solicitude de participación no procedemento selectivo realizarase, de forma preferente por
medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica do Concello de Moaña.
Para presentar as solicitudes a través do rexistro electrónico, a sede electrónica do Concello
de Moaña admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de
sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal)
e os certificados electrónicos (incluído o DNIe)
Presentación presencial opcional.
Tamén poderán presentarse as solicitudes presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de
Moaña ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1
de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando
o formulario normalizado para a presentación presencial deste procedemento que se recolle
como anexo as bases.
O modelo de solicitude de participación no procedemento selectivo estará a disposición das
persoas interesadas nas oficinas administrativas do Rexistro do concello (Planta baixa da Casa
Consistorial, rúa As Barxas, 2 Moaña, en horario de 9 a 14h, de luns a venres) e no Taboleiro
electrónico de anuncios da sede electrónica do Concello de Moaña ao que se accede a través
da https://moana.sedelectronica.gal (apartado “INFORMACIÓN XERAL”- Taboleiro de anuncios/
sección “Emprego Público”)
As solicitudes que se presenten a través das oficinas de correos deberán entregarse en sobre
aberto para seren seladas e datadas polo persoal de Correos antes de seren certificadas
As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo sinalado,
a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que a
remitirán seguidamente ao organismo competente.
As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello de Moaña deberán ser
comunicadas o mesmo día da presentación por fax ao Concello (986310104) e/ou mediante
correo electrónico a auxiliar.persoal@concellodemoana.org, enviando a copia da solicitude
LISTAXE DE RESERVA:
As persoas aspirantes que superasen o procedemento selectivo e non obtiveran praza
integrarán unha listaxe de reserva ou de agarda para cubrir necesidades de emprego de carácter
interino ou temporal para cubrir prazas da mesma escala, subescala e grupo de clasificación.
Asemade poderán ser chamados nos mesmos termos para prover temporalmente postos
reservados ao persoal laboral, cando o seu grupo, categoría e funcións sexan as mesmas.
No caso de que a documentación da solicitude foxe presentada con copia simple, as
persoas aprobadas terán que traer os documentos orixinais para cotexar que coinciden coa
documentación achegada. O Tribunal examinará que a documentación coincida coa presentada
e se deducise que existe algunha anomalía ou carece dalgún requisito corrixirá a baremación
ou eliminará á persoa da listaxe de reserva segundo proceda
1. UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A (CONCURSO-OPOSICIÓN QUENDA LIBRE)
REQUISITOS ESPECÍFICOS
Estar en posesión do Título de bacharel, técnico ou equivalente ou en condición de obtelo
na data en que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións oficiais
non expedidas en España deberase estar en posesión, na mesma data do remate do prazo
para presentar as instancias, da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a
homologación do título, expedida polo organismo competente. Para acreditar este requisito a
persoa aspirante debera achegar copia do título oficial ou, no seu defecto, copia do xustificante
de ter efectuado o depósito para obtelo.
SISTEMA SELECTIVO:
EXERCICIO 1
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 40 minutos
Test de 40 preguntas con catro respostas alternativas
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Desenvolvemento
escrito de forma lexible, de 1 tema da parte específica do temario, a escoller entre os 2 que
serán seleccionados ao chou polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio
Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente pola persoa aspirante ante o tribunal, sendo
excluídos do proceso selectivo automaticamente as persoas que non comparezan.
Neste exercicio valorarase o nivel de coñecemento, a capacidade e a formación xeral, a
claridade de ideas, a precisión e o rigor na exposición e a calidade da expresión escrita.
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos.
Desenvolver un
ou varios supostos de carácter procedemental e administrativo
O/s suposto/s que se propoña/n deberá/n permitir avaliar a capacidade das persoas
aspirantes para desenvolver as tarefas administrativas propias do posto de traballo ao que se
opta e relacionadas coas materias que integran o temario indicado na parte específica
Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente pola persoa aspirante ante o tribunal que
poderá realizar preguntas ou solicitar aclaracións acerca do seu contido, sendo excluídos do
proceso selectivo automaticamente as persoas que non comparezan á lectura.
EXERCICIO 4
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos
Realizar unha proba
sobre o coñecemento do idioma galego, que determinará o tribunal co asesoramento do Servizo
de normalización lingüística e sen uso de material de apoio
Estarán exentos da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír
o título CELGA 4 ou equivalente homologado. Esta acreditación terá que realizarse durante o
prazo de presentación de solicitudes.
EXERCICIO 5.
Obrigatorio e eliminatorio
Realizar unha proba
práctica de coñecementos informáticos a nivel usuario de contornos operativos Windows ou
similares, manexo de ferramentas de ofimática (LibreOffice ou similar), de utilidades elementais
de internet no dito contorno (navegación, correo electrónico, etc.) ou de plataformas de
administración electrónica, no tempo que estableza o tribunal
TEMARIO
:
- A Constitución española de 1978.
- Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
- A organización do Estado na Constitución.
- As Cortes Xerais
- O Poder Xudicial
- O Poder Executivo
- A organización territorial do Estado na Constitución
- A cooficialidade lingüística na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia.
- O dereito administrativo.
- A Administración local
- A potestade sancionadora
- A responsabilidade patrimonial da Administración
- A transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno.
- O municipio
- O Goberno municipal
- Réxime de funcionamento dos órganos colexiados do Concello (I)
- Réxime de funcionamento dos órganos colexiados do Concello (II)
- A potestade regulamentaria local
- O acto administrativo.
- O procedemento administrativo
- A revisión dos actos administrativos
- A relación xurídico - administrativa
- O Rexistro de documentos.
- O persoal ao servizo da Administración local
- Os dereitos e deberes dos funcionarios locais
- Os bens das entidades locais
- O Orzamento Xeral das Entidades Locais
- A execución do orzamento de gastos e de ingresos
- Facendas Locais.
- As taxas municipais e as súas clases
- Os impostos locais obrigatorios sobre bens inmóbeis, actividades económicas
e sobre vehículos de tracción mecánica.
- Contratación (I).
- Contratación (II).
- Contratación (III).
- Contratación (IV).
- Contratación (V).
- Clasificación do Solo
- A autorización administrativa previa a través da licenza urbanística
- As ordes de execución.
- A protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
1 PRAZA DE LIMPADOR/A MEDIANTE OPOSICIÓN (QUENDA LIBRE)
REQUISITOS ESPECÍFICOS:
Para poder tomar parte no proceso selectivo as persoas aspirantes deberán reunir as
condicións xerais
Non se require titulación.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 30 minutos
Consistirá en contestar por escrito a un test de 20 preguntas con catro respostas alternativas por pregunta,
baseado no contido do temario
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo que marque o tribunal.
Consistirá na
realización dunha proba práctica que permita valorar a aplicación dos coñecementos, as
capacidades das persoas aspirantes, así como coñecer as súas habilidades e destrezas
para o desempeño das tarefas relacionadas co contido do posto.
Esta proba práctica, a criterio do tribunal, poderá consistir nun suposto práctico por
escrito, na execución material de determinadas tarefas illadas ou nun circuíto a realizar
en determinado tempo máximo ou nunha combinación de ambas (supostos prácticos
escritos mais execución material de tarefas)
EXERCICIO 3
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos
Consistirá en realizar
unha proba sobre o coñecemento do idioma galego, que determinará o tribunal co
asesoramento do Servizo de normalización lingüística e sen uso de material de apoio.
Estarán exentos da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír
o título CELGA 2 ou equivalente homologado. Esta acreditación terá que realizarse
durante o prazo de presentación de solicitudes.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- O municipio
- O persoal ao servizo da Administración Local
- Útiles, instrumentos, ferramentas e máquinas de uso común en labores de
limpeza. Limpeza dos centros de traballo
- Sistemas de limpeza e desinfección
- Limpeza de oficinas e despachos
- Eliminación e tratamento de diferentes tipos de manchas das superficies lavables
- Desinfección de superficies en xeral.
- Procedementos xerais de limpeza e hixiene en centros de saúde, en centros de ensino e en instalacións municipais en xeral
- Protección ambiental
- Prevención de riscos laborais específica do persoal de limpeza.