REQUISITOS E SOLICITUDES:
Para o acceso a estas prazas deberase estar en posesión do título de Graduado Escolar Graduado en ESO ou titulación equivalente ou superior así como do permiso de conducir da clase C para camións.
Os aspirantes deberán aportar un certificado/informe médico que acredite estar apto para a realización da proba práctica prevista, así como para o desempeño das labores correspondentes na loita contra os incendios forestais e máis para as funcións de conductor de camión motobomba.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, é dicir, ata o 23/06/2022
As solicitudes prsentaránse no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo debidamente cumplimentadas.
PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 10 minutos
Quedarán exentos aqueles aspirantes que esteñan en posesión do título de galego Celga 1 ou equivalente.
Traducción directa do castelán ao galego dun pequeno texto proposto polo órgano de selección.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 10 minutos
Denominada "proba de banco" será de aptitude física
Proba de manexo das ferramentas de uso cotiá nas labores de extinción de incendios consistente na roza de matorral baixo abrindo unha liña ata o solo mineral de 0.5m de ancho por 5.00m de lonxitude.
EXERCICIO 2
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 40 minutos.
Test de 20 preguntas tipo test sobre o contido do temario.
TEMARIO
:
- A Constitución Española de 1978: Estrutura e contido. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
- O Goberno e a Administración. Principios de actuación da Administración Pública. A Administración Xeral do Estado.
- As Comunidades Autónomas. A Comunidade autónoma de Galicia. O Estatuto de Autonomía de Galicia.
- A Administración Local. As Entidades Locais. Clases. Competencias. Organización: órganos necesarios e órganos complementarios.
- O Municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. O municipio de Ribadeo. Estrutura. Parroquias. Barrios. Lugares de interese no territorio municipal.
- Comportamento do fogo. Definición. Mecanismos de transmisión. Clases de fogos forestais.
- Partes dun incendio. Combustibles forestais. Influencia da orografía e meteoroloxía.
- Medios de vixilancia e extinción. Medios aéreos.Brigadas helitransportadas.Medios terrestres
- Vehículos de extinción. Bombas de auga e motobombas. Brigadas de extinción.
- Conducción dun vehículo todoterreo. Conduccion hacia o fogo, aproximación e estacionamento do vehículo.
- Técnicas de extinción
- Primeiro ataque e remate o incendio. O contralume. O tendido da mangueira e a súa organización. A liña de deensa. Os retardantes.
- A prevención de incendios. Ferramentas manuais para extinción de incendios.
- Motoserras e rozadoras. Uso e mantemento. Seguridade no seu uso.
- Cartografía e orientación. Mapas. Compás. Rumbos
- Equipos de comunicacións. Tipos. Normas de uso e mantemento. Organización das comunicacións
- Lei 3/1995, de 8 de novembro de protección de riscos laborais. Primeiros auxilios en caso de accidente.
- Lei 3/1995, de 8 de novembro de protección de riscos laborais. Política en materia de protección de riscos para protexer a seguridade e saúde no traballo.
- Lei 3/1995, de 8 de novembro de protección de riscos laborais. Dereitos e obrigas do empresario e dos traballadores.
- Lei 3/1995, de 8 de novembro de protección de riscos laborais. Servizos de prevención.