Diseño del blog

A Deputación de Pontevedra publica as bases do proceso selectivo para 1 posto de traballo de técnico/a de mantemento

11 de junio de 2022

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUBLICA AS BASES PARA A CONVOCATORIA DE 1 POSTO DE TRABALLO DE TÉCNICO/A DE MANTEMENTO POR QUENDA LIBRE

 REQUISITOS E SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas e certificados electrónicos.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no BOPPO e do extracto no DOG.

Os dereitos de exame poderanse pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de Abanca. A través da súa páxina web poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo.

O sistema de selección será por oposición libre e para poder acceder as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de Grao en Enxeñería Industrial, Enxeñería Técnica Industrial, Enxeñería de Camiños, Enxeñería Técnica de Obras Públicas, grao en Obras Públicas, Arquitectura Técnica ou Enxeñería da Edificación, Aparellador/a ou equivalente así como o Celga4

PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 80 minutos.

Contestar por escrito un test de 80 preguntas con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do temario.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio co tempo máximo de 3 horas

Desenvolver por escrito dous temas extraídos ao azar polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa.
Posteriormente o tribunal convocará as persoas aspirantes para a súa lectura pública, que levará a cabo a súa aoutora ou autor, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal

EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio no tempo que marque o tribunal

Resolver un suposto práctico relacionado coas materias específicas contidas no programa.
Posteriormente, o tribunal convocará as persoas aspirantes para a súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

EXERCICIO 4 . Obrigatorio e non eliminatorio

Tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior.

TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. Organización territorial do Estado:
  3. A Administración pública no ordenamento español.
  4. Sometemento da Administración pública á lei e ao dereito.
  5. O acto administrativo
  6. O procedemento administrativo
  7. O réxime local español.
  8. A provincia.
  9. O municipio
  10. A función pública local
  11. Dereitos e deberes do persoal funcionario público.
  12. Prevención de riscos laborais.
  13. Mantemento de instalación
  14. Concepto de museo
  15. Concepto de ben cultural
  16. Real decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código técnico da edificación
    (CTE)
  17. Instalacións eléctricas (I).
  18. Instalacións eléctricas (II).
  19. Instalacións térmicas (I).
  20. Instalacións térmicas (II)
  21. Instalacións térmicas (II)
  22. Instalacións térmicas (IV)
  23. Aforro enerxético
  24. Enerxía solar térmica
  25. Enerxía solar fotovoltaica
  26. Instalacións hidráulicas (I)
  27. Instalacións hidráulicas (II)
  28. Instalacións hidráulicas (III).
  29. Instalacións contra incendios (I).
  30. Instalacións contra incendios (II)
  31. Instalacións contra incendios (III)
  32. Accesibilidade (I)
  33. Accesibilidade (II)
  34. Accesibilidade (III)
  35. Accesibilidade (III)
  36. Os edificios que compoñen o Museo de Pontevedra.
  37. Control de condicións ambientais no museo
  38. Humidades na construción
  39. Autoprotección
  40. A seguridade no Museo
  41. Instrucións técnicas de obras hidráulicas de Galicia (ITOHG-ABA e ITOHG-SAN) (I)
  42. Instrucións técnicas de obras hidráulicas de Galicia (ITOHG-ABA e ITOHG-SAN) (II)
  43. Instrucións técnicas de obras hidráulicas de Galicia (ITOHG-ABA e ITOHG-SAN) (III)
  44. Tratamento de augas e potabilización (I)
  45. Tratamento de augas e potabilización (II)
  46. Tratamento das augas residuais (I)
  47. Tratamento das augas residuais (II)
  48. Tratamento das augas residuais (III)
  49. Enxeñería ambiental (I)
  50. Enxeñería ambiental (II)
  51. Xestión de residuos (I)
  52. Xestión de residuos (II)
  53. Xestión de residuos (III)
  54. Xestión de residuos (IV)
  55. Prevención de Riscos Laborais (I)
  56. Prevención de Riscos Laborais (II)
  57. Prevención de Riscos Laborais (III)
  58. Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público. Real Decreto 1098/2001,de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007 (derrogada) en todo o que non se opoña á Lei 9/2017. Clasificación e desenvolvemento dos contratos do sector público. Garantías esixibles na contratación do sector público.
  59. Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público. Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007 (derrogada) en todo o que non se opoña á Lei 9/2017. Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Criterios de adxudicación dos contratos.
  60. Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público. Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007 (derrogada) en todo o que non se opoña á Lei 9/2017. Contrato de obras.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: