Diseño del blog

O Concello de Sada publica as bases e convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de Auxilliares Administrativos/as

11 de octubre de 2022

O CONCELLO DE SADA PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Estar en posesión do graduado en ensinanza secundaria obrigatoria ou equivalente.
  • Estar en posesión do título de acreditación do nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 3 ou outros títulos oficiais equivalentes. No caso de non acreditalo realizarase unha proba para acreditación de dito nivel.


O prazo é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación na sede e/ou no BOP, é dicir ate o 19/10/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 30 minutos


Contestar un cuestionario formulado polo Tribunal inmediatamente antes do seu comezo e baseado no temario completo. Estará composto por vinte preguntas con catro respostas alternativas, sendo só unha delas correcta. 


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio


Realización dun suposto práctico relacionado coas materias específicas do temario. En función da maior ou menor complexidade do exercicio, o Tribunal determinará antes do seu inicio o tempo máximo para a súa realización, con carácter xeral para todos os aspirantes. No anuncio de convocatoria deste exercicio, o Tribunal determinará os medios materiais dos que deberán, ou poderán, ir provistos os aspirantes para a súa realización.


EXAME DE GALEGO


Realizarase unha proba de nivel aos aspirantes que foran propostos polo tribunal, puntuándose coma apto ou non apto e debendo acadarse para aprobar a cualificación de apto. 


TEMARIO:

  1. O municipio de Sada: Poboación e termo municipal.
  2. Organización municipal específica do Concello de Sada (I): Pleno, Alcalde e Xunta de Goberno Local.
  3. Organización municipal específica do Concello de Sada (II): tenentes de Alcalde e concelleiros delegados. Comisións do Pleno e outros órganos complementarios. 
  4.  Outras entidades locais. Mancomunidades. Comarcas e outras entidades que agrupen varios municipios. As áreas metropolitanas. As entidades de ámbito inferior ao municipal.
  5. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Prazos e cómputo. Comunicacións e notificacións. 
  6. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos. Eficacia dos actos: notificación e publicación
  7. O procedemento administrativo na administración local: iniciación, ordenación, instrución e terminación.
  8. Finalización do procedemento; a obriga de resolver; o silencio administrativo.
  9. Procedemento administrativo sancionador. 
  10. A responsabilidade patrimonial da Administración pública. Especial referencia á Administración local
  11. Contratación administrativa. Especial referencia á Administración Local. 
  12. O persoal ao servizo da Administración Local. Persoal funcionario e persoal laboral. Integración en Escalas, subescalas e Clases. 
  13. Réxime xurídico dos empregados públicos. Dereitos e deberes. Incompatibilidades, situacións administrativas e réxime retributivo. Responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas.
  14. Facendas Locais: Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Réxime Xurídico do gasto público local. Os orzamentos locais
  15. O computador persoal: Concepto e funcións básicas. Introdución ao sistema operativo: o contorno Windows. Estrutura de almacenamento de información: tipos de soportes e características. Protección e seguridade da información.
  16. Aplicacións de propósito xeral. Procesadores de texto: principais función e utilidades, gravación e recuperación de ficheiros, impresión, deseño de documentos. Outras aplicación: follas de cálculo, bases de datos.
  17. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos
  18. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autentificación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos
  19. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais. Os servizos de prevención de riscos. Participación dos traballadores. A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
  20. Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos. A normativa reguladora do procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade”. 

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: