Diseño del blog

O Concello de Samos publica as bases da convocatoria para 1 praza de coidador de vivendas comunitarias

19 de julio de 2022

O CONCELLO DE SAMOS PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE COIDADOR/A DE VIVENDAS COMUNITARIAS

TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO:
Contrato laboral temporal que se formalizará coa persoa seleccionada será o de substitución para cubrir  temporalmente un posto de traballo ata que finalice o proceso de selección para súa cobertura definitiva

FUNCIÓNS:
A persoa titular deste posto realizará as funcións que se determinen para este, nomeadamente as seguintes:
  • Relacionadas cos usuarios da vivenda:
    • Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida dos usuarios das vivendas que o precisen, tales como:
    • Apoio na hixiene persoal, ou para vestirse.
    • Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
    • Supervisión das rutinas de administración de medicamentos prescritos por facultativos
    • Lavado e coidado de prendas de vestir dos usuarios das vivendas.
    • Acompañamento fóra das vivendas para acudir a consultas ou tratamentos
    • Curas menores.
    • Acompañamento, segundo as necesidades dos usuarios da vivenda comunitaria.
  • Relacionadas ca vivenda:
    • Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade das vivendas.
    • Preparación das comidas de todo o día
    • Lavado e coidado da roupa da vivenda: manteis, sabas, mantas, etc
    • Coidados básico da vivenda.
    • Mantemento habitual e ordinario do edificio e instalacións, contido, da vivenda comunitari
REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
    • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea ou dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que se aspira.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de persoal funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. 
    • No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Titulación:
    • Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería (Real Decreto 546/1995, de 7 de abril); ou equivalente segundo Real Decreto 777/1998, de 30 de abril)
    • Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (Real Decreto 1593/2011, de 4 de novembro ou equivalente segundo Real Decreto 496/2003, de 2 de maio).
    • Título de Técnico Superior en Integración Social, establecido polo Real Decreto 1074/2012, de 13 de xullo, ou título equivalente de Técnico Superior en Integración Social establecido polo entonces Real Decreto 2061/1995, de 22 de decembro, para aqueles profesionais que á data de publicación do presente Acordoencóntrense traballando na categoría profesional de coidador o gerocultor.
    • Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais (Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto)
    • Celga3
A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo  II ás Bases e dirixirase ao Sr. alcalde do concello de Samos, no prazo de cinco (5) días hábiles contados  a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletin Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día do  prazo coincide con sábado, domingo ou festivo, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte, e dicir, ate o día 26/07/2022


PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1 . Cun tempo máximo de 30 minutos

Contestar por escrito a un cuestionario tipo test de 20 preguntas  (máis 2 de reserva para posibles impugnacións) con 3 respostas alternativas

EXERCICIO 2. Cun tempo máximo de 15 minutos

Realización de unha ou varias probas prácticas relacionadas coas tarefas a desempeñar, a  proposta polo Tribunal

EXERCICIO 3. Común e obrigatoria para aqueles candidatos que habendo superado todas as probas, non  acreditaran o coñecemento da lingua galega como mínimo, no nivel de CELGA 3 ou equivalente, debidamente  homologado polo órgano competente na materia de política lingüística da Xunta de Galicia, cun tempo máximo de 15 minutos.

Realizar un exame consistente en traducir un texto elixido libremente polo  tribunal, sen diccionario, do castelán ao galego

TEMARIO:
  1. A Constitución Española de 1978
  2. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns na Constitución Española de 1978
  3. O Municipio
  4. Coñecemento básico da saúde
  5. Dietética e nutrición:
  6. Vixilancia de persoas maiores
  7. Técnicas e procedementos de coidados xeriátricos.
  8. Hixiene de instalacións, equipos e ferramentas
  9. Hixiene postural e exercicios fundamentais
  10. Mobilización e hixiene. 
  11. Coidado da persoa no medio residencial
  12. Actividade física dos anciáns.
  13. Accidentes de persoas maiores
  14. Coñecementos psicosociais do maior
  15. A prevención de riscos laborais aplicada ás funcións de Coidador/a.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: