REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Estar en posesión, ou en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Asimesmo, estarase ao disposto na Orde EDU/1603/2009, de 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bachiller regulados na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, modificada mediante Orde EDU/520/2011, de 7 de marzo.
- No caso de titulacións obtidas no extranxeiro deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a homologación
- Ter a nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, no suposto de acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados
- Poseer a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
- Ter cumplidos dezaséis años e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa
- Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos Organismos Constitucionais ou Estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
- No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso o emprego público
Solicitudes de incrición. Cumprimentaranse electrónicamente a través da URL: https:// sede.vigo.org/expedientes/oposicions/ofertas.jsp
A inscripción realizarase facendo uso de https://sede.vigo.org/expedientes/oposicions/
ofertas.jsp, seguindo as instruccións que se lle indiquen, sendo necesario identificarse mediante
a plataforma de identificación e sinatura electrónica Cl@ve en calquera das súas modalidades.
As solicitudes de inscrición en soporte papel efectuaranse mediante cumprimentación
electrónica https://sede.vigo.org/expedientes/oposicions/ofertas.jsp e a súa posterior
presentación no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo ou na forma
establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo
Común das Administracións Públicas.
Prazo de presentación das solicitudes de inscrición: 20 días hábiles contados a partir
do siguiente no que aparezca a publicación do anuncio de convocatoria no “Boletín Oficial del
Estado”, é dicir, ate o 17/08/2022
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio
Realización de dous supostos prácticos de carácter ofimático realizados con ordenador, dirixidos a apreciar a capacidade dos aspirantes no uso dos seguintes programas
ofimáticos:
Primeiro suposto:
Programa de tratamento de textos Tempo máximo para a realización: 30 minutos.
Segundo suposto
: Programa de folla de cálculo. Tempo máximo para a realización: 30 minutos.
Cualificarase os coñecementos e habilidades nas funcións e utilidades do procesador de textos e da folla de cálculo así como a velocidade desenvolvida (en atención ó número de
pulsacións) a limpeza e exactitude das tarefas realizadas e a corrección que presenten as
mesmas conforme o baremo obxectivo que estableza o Tribunal antes de iniciarse o exercicio,
que deberá comunicárselles aos aspirantes no momento de comezar a proba e incluírse na
correspondente Acta.
Facilitaranse os/as aspirantes os medios técnicos necesarios para a súa realización, se ben desactivaranse as funcións correspondentes á corrección automática de textos.
Se os exercicios non fosen corrixidos ao remate da proba, introduciranse nun sobre que se
pechará e selará; sobre o precinto asinarán todos os membros do órgano de selección presentes,
así como, sempre que fose posible, un número similar de aspirantes.
O sobre quedará baixo a
custodia do/a secretario/a para a súa apertura ao inicio da sesión na que se corrixan.
EXERCICIO 2
. Obrigatorio
Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que
determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística.
O/a aspirante que non obtivese un mínimo de 5 puntos nesta proba deberá participar no
primeiro curso de idioma galego que realice a Administración Autonómica (Secretaría Xeral de
Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.
Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo de
presentación de instancias, posuír o título CELGA 3 ou equivalente homologado, segundo o
disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos
dos niveis de coñecemento da lingua galega. As/os aspirantes adxuntarán á solicitude de
participación copia simple do título ou equivalencia correspondente