Diseño del blog

O Concello de Sanxenxo publica as bases da convocatoria para os 3 postos de Administrativo (Promoción interna)

16 de junio de 2022

O CONCELLO DE SANXENXO PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA OS 3 POSTOS DE ADMINISTRATIVO/A POR CONCURSO-OPOSICIÓN MEDIANTE O PROCEDEMENTO DE PROMOCIÓN INTERNA

REQUISITOS E SO LICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario de instancia xeral dispoñible na Sede electrónica do concello de Sanxenxo. .

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, e dicir, ate o día 29/06/2022

O sistema de selección será por concurso-oposición e para poder acceder as persoas aspirantes deberán  ser persoal ao servizo do Concello de Sanxenxo coa condición actual de persoal funcionario de carreira pertencente ao grupo profesional C, subgrupo profesional C2, escala de administración xeral, subescala auxiliar, ter prestado servizos efectivos na condición de persoal funcionario de carreira durante cando menos 2 anos no subgrupo de clasificación profesional sinalado anteriormente e estar en posesión do título de Bacharelato, técnico ou equivalente así como o Celga4

A taxa por dereitos de exame será de 13€ e terá que ser ingresado na conta bancaria ABANCA ES1220805061453040005803 

PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 60 minutos.

Contestar por escrito un test de 40 preguntas con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do temario.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio no tempo de 60 minutos

Resolver un suposto práctico relacionado coas materias contidas no programa.
Deberá resolverse necesariamente mediante o uso de aplicacións informáticas en explotación no Concello de Sanxenxo.

O/a candidato/a podrá elixir un caso práctico a resolver sobre diferentes alternativas propostas polo Tribunal, en todo caso os casos propostos deberán garantir que todos os candidatos tiveran sido usuarios habituais dun dos casos/aplicacións propostos.

TEMARIO: 
  1. Acto administrativo
  2. A validez dos actos administrativos
  3. Notificacións de actos administrativos
  4. Cómputo de prazos.
  5. Procedemento administrativo.
  6. Os interesados
  7. Estabilidade orzamentaria e demais regras fiscais
  8. A estrutura do procedemento administrativo
  9. A Ordenación e Instrución do procedemento administrativo, finalización
  10. Orzamento municipal
  11. Tributos locais e impostos locais
  12. Prezos públicos
  13. A organización e funcionamento do municipio
  14.  Réxime de sesión e acordos dos órganos de goberno local
  15. Ordenanzas, regulamentos e bandos
  16. Administración electrónica
  17. A xestión electrónica dos procedementos.
  18. Rexistros
  19. O Concello de Sanxenxo
  20. Recadación de ingresos de dereito público
  21. Comunicación previa de obra e actividade

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: