REQUISITOS E SOLICITUDES
Para poder acceder a estas prazas os aspirantes deben estar en posesión do certificado de escolaridade e o Celga1 así como do permiso de conducir de tipo B.
Será requisito indispensables presentar a vida laboral para acreditar a situación de desemprego.
O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Lugo, é dicir, ata o día 14/06/2022
PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio
Contestar un test de 25 preguntas tipo test
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio
Contestar de forma oral a 1 ou varios exercicios prácticos e/ou teórico prácticos propostos polo tribunal relacionados co programa específico. O tribunal poderá dialogar e razoar co aspirante analizando o contido das súas respostas e relacionado dito contido con outros incluídos dntro do programa.
EXERCICIO 3.
Proba de galego
Será obrigatoria a superación do exercicio de galego para aqueles candidatos que non teñan acreditado xunto coa instancia de solicitude estar en posesión do Celga 1 ou equivalente.
Consistirá na tradución, sen dicionario, dun texto de castelán ao galego e/ou de galego a castelán nun tempo máximo de 30 minutos
TEMARIO:
- Breve idea da Constitución Española de 1978. Estrutura. Principios Xerais. Dereitos e Deberes Fundamentais
- Organización Municipal
- Diferentes materiais e ferramentas en construción
- O marco da transparencia na administración local
- Conceptos fundamentais da administración electrónica.
- Elementos da construción: Muros, tabiques, paredes.
- Demolicións.
- Reparación de baches en pistas
- Reparación de camiños
- Desbroce en pistas e camiños.
- Conceptos básicos sobre fontanería, electricidade, carpintería, pintura e xardinaría
- Prevención de riscos laborais