Diseño del blog

O Concello de Vigo publica 8 prazas de Subalterno/a

21 de septiembre de 2022

O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 8 PRAZAS DE SUBALTERNO/A

SISTEMA SELECTIVO: Oposición libre 4 prazas reservadas a persoas con discapacidade e 1 delas específicamente reservada a persoas con discapacidade intelectual.
REQUISITOS : Os aspirantes deberán estar en posesión do título de Certificado de Escolaridade, certificado de estudos primarios ou equivalente.
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1.  Obrigatorio e eliminatorio para todos os participantes
Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta.
EXERCICIO 2.  Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá en desenvolver por escrito 4 temas elixidos ao chou.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición. Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle á e ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
EXERCICIO 3.  Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 3 horas.
Consistirá na resolución por escrito de dous supostos teórico-prácticos de carácter procedemental e administrativo que determinará o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos as tarefas propias da praza.
Durante o desenvolvemento desta proba as/os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o que poderá, ao final da exposición, solicitarlle á/ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido.
EXERCICIO 4 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá nunha proba de carácter práctico, dirixida a avaliar as competencias dixitais a nivel usuaria/o de entornos e ferramentas dixitais, aplicacións de carácter básico, contornos operativos Windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (Open Office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos
EXERCICIO 5.  Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
Estarán exentas/os da realización deste exercicio as/os aspirantes que acrediten posuír o título CELGA 2 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega
TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. Principios da actuación administrativa.
  3. A potestade normativa das entidades locais
  4. A función pública loca
  5. A igualdade de xénero
  6. Os cidadáns e o acceso electrónico aos servizos públicos
  7. Control de accesos. Custodia e control de chaves. Apertura e peche de edificios e locais. Preparación de reunións. réxime de precedencias e tratamentos honoríficos
  8. Manexo e mantemento de máquinas fotocopiadoras, encadernadoras, destrutoras de documentos e análogas. Distribución de documentos, obxectos e correspondencia. Recados e mensaxes. Servizos postais. tipos de envíos.
  9. Nocións básicas sobre a Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais.
  10. Breve descrición do termo municipal de Vigo.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: