Diseño del blog

O Concello de Vigo Publica as bases e convocatoria para 1 praza de Oficial/a Desinfector/a

21 de septiembre de 2022

O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE OFICIAL/A DESINFECTOR/A

SISTEMA SELECTIVO: Oposición Libre
REQUISITOS: A s/ os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Ademais, título de de formación profesional, curso de especialización de formación profesional previsto en el Real Decreto 1538/2006, de 15 de decembro, o dun certificado de profesionalidade que acrediten as unidades de competencia correspondentes á cualificación profesional “SEA028_2 Servizos para o Control de Pragas, Nivel 2, Modulo ou Unidade competencial UC0079_2 aplicar medios e produtos para o control de pragas”, ou titulación equivalente
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1.  Obrigatorio e eliminatorio para todos os participantes
Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta.
EXERCICIO 2- Práctico.  Obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos ou realizar as tarefas que proporá o órgano de selección, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que establecido polo órgano de selección en función da natureza da proba.
EXERCICIO 3.  Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba oral e/ou escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
Estarán exentas/os da realización deste exercicio as/os aspirantes que acrediten no prazo de presentación de instancias, posuír o título CELGA 3 ou equivalente homologado, segundo o establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega
TEMARIO:
  1. Referencia aos principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de Autonomía de Galicia
  2. O municipio
  3. O procedemento administrativo local.
  4. Dereitos e deberes dos empregados segundo o Estatuto dos traballadores.
  5. Oficial de desinfección I
  6. Oficial de desinfección II
  7. Biocidas I
  8. Biocidas II
  9. Biocidas III
  10. Formulacións
  11. Principais pragas de roedores.
  12. Principais pragas de insectos e ácaros
  13. Axentes produtores de enfermidades
  14. Biocidas e medio.
  15. Precaucións e normas de seguridade
  16. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por biocidas.
  17. Utilización de biocidas
  18. Lexionela
  19. Xilófagos
  20. Establecementos e servizos biocidas

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: