Diseño del blog

O Concello de Vigo publica as bases e convocatoria para 1 praza de oficial/a albanel/a

21 de septiembre de 2022

O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE OFICIAL/A DE ALBANEL/A

SISTEMA SELECTIVO: Oposición libre
REQUISITOS : O s aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1.  Obrigatorio e eliminatorio para todos os participantes
Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta.
EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos ou realizar as tarefas que proporá o órgano de selección, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que establecido polo órgano de selección en función da natureza da proba
EXERCICIO 3.  Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba oral e/ou escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
Estarán exentas/os da realización deste exercicio as/os aspirantes que acrediten no prazo de presentación de instancias, posuír o título CELGA 2 ou equivalente homologado, segundo o establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA), en relación co seu anexo I, punto 5, aos que se lle asignarán 2 puntos
TEMARIO:
  1. Referencia aos principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de Autonomía de Galicia
  2. O municipio
  3. O procedemento administrativo local
  4. Dereitos e deberes dos empregados segundo o Estatuto dos traballadores.
  5. Tarefas de albanelería
  6. Humidades e filtracións
  7. Útiles e ferramentas manuais de albanelería.
  8. Aglomerantes
  9. Áridos para traballos de albanelería. 
  10. Ladrillos.
  11. Revestimento de paramentos.
  12. Aglomerados para traballos de albanelería
  13. Tarefas de pintura.
  14. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes implantacións de servizos na vía pública
  15. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes implantacións de servizos na vía pública
  16. Drenaxes. Cunetas. Tubos arquetas e sumidoiros.
  17. Elementos de sinalización, balizamento e defensa das estradas.
  18. Explanacións. Traballos preliminares. Escavacións. Recheos. Terminación
  19. A Lei 31/95, de 8 de novembro de prevención de riscos laborais
  20. Concepto de equipo de protección individual (EPI) e obrigas dos traballadores: Art. 2 e Art. 10 do Real Decreto 773/1997, de 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas a utilización polos traballadores de equipos de protección individual

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: