Diseño del blog

O Concello de Vigo publica as bases e convocatoria para 3 prazas de oficiais condutores/as

21 de septiembre de 2022

O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 3 PRAZAS DE OFICIAIS CODUTORES/AS

SISTEMA SELECTIVO: Oposición libre
REQUISITOS: Os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Deberán estar en posesión do permiso de conducir da categoría C+E e D+E, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1.  Obrigatorio e eliminatorio para todos os participantes
Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta.
EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos ou realizar as tarefas que proporá o órgano de selección, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que establecido polo órgano de selección en función da natureza da proba
EXERCICIO 3.  Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba oral e/ou escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
Estarán exentas/os da realización deste exercicio as/os aspirantes que acrediten no prazo de presentación de instancias, posuír o título CELGA 3 ou equivalente homologado, segundo o establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA), en relación co seu anexo I, punto 5, aos que se lle asignarán 2 puntos
TEMARIO:
  1. Referencia aos principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de Autonomía de Galicia
  2. O municipio
  3. O procedemento administrativo local
  4. Dereitos e deberes dos empregados segundo o Estatuto dos traballadores.
  5. Regulamento de circulación e seguridade viaria. RD 1428/2003 de 21 de novembro.
  6. Normas de prioridade de paso nas interseccións.
  7. Sinais de circulación é marcas viais.
  8. Requisitos administrativos para a condución de vehículos automóbiles
  9. A carga de vehículos, transporte de mercadorías.
  10. O tacógrafo.
  11. A Lei 31/95, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais.
  12. Riscos e medidas preventivas do posto de traballo
  13. Distintos tipos de motores
  14. O circuíto de carga de batería
  15. Diversos sistemas de engraxe.
  16. Embrague.
  17. Caixa de cambios.
  18. Suspensión.
  19. Distintos tipos de freos.
  20. Pneumáticos, identificación segundo vehículos, etiquetados, eficiencia de consumo, adherencia, ruído, presións de inflado, vida útil.


Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: