Diseño del blog

O Concello de Vigo publica as bases e convocatoria para 3 prazas de traballador/a social

20 de septiembre de 2022

O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 3 PRAZAS DE DIPLOMADA/O EN TRABALLO SOCIAL

REQUISITOS DOS ASPIRANTES: D eberán estar en posesión do título de diplomada/o en Traballo social, grao ou equivalente
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1.  Obrigatorio e eliminatorio para todos os participantes
Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 50 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta.
EXERCICIO 2.  Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá en desenvolver por escrito 4 temas elixidos ao chou.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición. Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle á e ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
EXERCICIO 3.  Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 3 horas.
Consistirá na resolución por escrito de dous supostos teórico-prácticos de carácter procedemental e administrativo que determinará o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio,  relativos as tarefas propias da praza.
Durante o desenvolvemento desta proba as/os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o que poderá, ao final da exposición, solicitarlle á/ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido.
EXERCICIO 4 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá nunha proba de carácter práctico, dirixida a avaliar as competencias dixitais a nivel usuaria/o de entornos e ferramentas dixitais, aplicacións de carácter básico, contornos operativos Windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (Open Office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos
EXERCICIO 5.  Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba oral e/ou escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. A Unión Europea
  3. A organización territorial do Estado.
  4. O municipio
  5. Organización municipal
  6. O acto administrativo
  7. A invalidez do acto administrativo
  8. O procedemento administrativo
  9. Os contratos do sector público
  10. A potestade sancionadora
  11. O orzamento das Entidades Locais
  12. A igualdade de xénero
  13. Historia e evolución do sistema de protección social en España.
  14. O sistema público dos servizos sociais no marco dunha política de Benestar Social.
  15. A política social na Unión Europea
  16. Marco legal dos servizos sociais.
  17. Lei de servizos sociais de Galicia
  18. Os servizos sociais comunitarios
  19. Os servizos sociais especializados
  20. O traballo social como disciplina
  21. Fundamentos, principios e funcións básicas do traballo social.
  22. Metodoloxía do traballo social. 
  23. A planificación e programación nos servizos sociais
  24. A avaliación dos programas e proxectos sociais no marco dos servizos sociais comunitarios básicos
  25. Os sistemas de información ao servizo da atención social.
  26. Técnicas e instrumentos empregados no Traballo Social.
  27. As necesidades sociais
  28. A Seguridade Social en España.
  29. Incapacidade temporal e incapacidade permanente
  30. O emprego como factor social de inclusión.
  31.  Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade entre homes e mulleres
  32. A Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.
  33. Regulación do procedemento para o recoñecemento da dependencia e do dereito ás prestacións do sistema de dependencia e procedemento de elaboración do PIA da Comunidade Autónoma Galega
  34. As persoas maiores
  35. O servizo de Axuda no Fogar.
  36. Evolución do marco normativo en materia de infancia
  37. A familia e os menores
  38. Programas e servizos para os menores e as familias a nivel autonómico e local.
  39. Adolescencia e xuventude, aspectos psicolóxicos e sociais. 
  40. Normativa estatal, autonómica e local verbo da muller. 
  41. Mulleres en situación de dificultade social.
  42. Minorías étnicas e integración
  43. Adiccións.
  44. Plan de trastornos aditivos de Galicia. 
  45. Discapacidade
  46. A saúde mental
  47. Procesos sobre a capacidade das persoas
    Poboación inmigrante
  48. Análise sociodemográfico de Vigo.
  49. Renda de inclusión social.
  50. Pobreza, desigualdade e exclusión social. 
  51. Intervención con persoas sen fogar
  52. Traballo social comunitario.
  53. Modelos de desenvolvemento dunha comunidade.
  54. Traballo social de grupo
  55. A entrevista individual/familiar aplicada ao traballo social.
  56. A historia social como soporte documental na intervención social individual e familiar da/o traballadora/traballador social.
  57. O informe social como instrumento técnico da/o traballadora/traballador social. 
  58. O equipo interdisciplinar.
  59. O voluntariado social.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: