A UNIVERSIDADE DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 2 PRAZAS DE TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN BIBLIOTECAS
REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
- Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Tamén poderá participar
- Os cónxuxes de españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que sexan dependentes.
- As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España en que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
- Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
- Titulación: título de bacharel ou técnico, ou estar en condición de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias. Así mesmo, observarase o disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño (BOE do 17 de xuño), pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharel regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Habilitación: non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha das administracións públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para desempeñar empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional a que se pertencía. No caso de ser nacional doutro
- Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
SOLICITUDES:
Para tomar parte nestas probas selectivas deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/ universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo>Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que figuran nel, cubrindo todos os campos obrigatorios, validándoos e confirmándoos.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (16/12/2022)
Presentaranse preferentemente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/catalog/catalog-index.xhtml); tamén poden presentarse na oficina de asistencia en materia de rexistro do Campus de Vigo (Edificio Exeria, Campus Universitario, 36310 Vigo), nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Campus de Ourense (Unidade Administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (rúa Torrecedeira, nº 86), ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.
Os dereitos de participación aboaranse directamente nas oficinas de Abanca ou mediante transferencia á conta ES14 2080 0501 1231 1000 0112; no pagamento e no documento que o xustifique deberá constar o nome, apelidos e DNI ou pasaporte da persoa participante, así como o código da praza a que estea referido
Subgrupo C1: 32,48 euros.
PROCESO SELECTIVO;
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio
Tempo: 120 minutos
Consistirá en contestar un test de 100 preguntas con 4 respostas alternativas, das cales só unha será correcta, da primeira parte do programa.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio
Tempo: 150 minutos
Consistirá en realizar as probas prácticas e/ou resolver un ou varios supostos prácticos relativos á primeira parte do programa
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e NON elminatorio
PRIMEIRA PARTE
Estarán exentas de realizalo as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4, consonte o establecido nas bases, e serán cualificados con 2 puntos. Esta proba incluirá 2 partes:
Primeira. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre o coñecemento da lingua galega, con catro respostas alternativas das cales só unha delas será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas adicionais de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado. Disporase de 25 minutos.
Segunda. Comprensión escrita ou oral e expresión oral. Consistirá en ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, realizar unha entrevista coa persoa examinadora, debendo resumir o input e manter un diálogo ao respecto para avaliar a súa expresión oral.
SEGUNDA PARTE
Tempo: 25 minutos
Coñecementos non específicos. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre a segunda parte do programa, con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta.
TEMARIO:
- Constitución de 1978: título preliminar e título I.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar e títulos I, II.
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título I; capítulo I do título III; capítulo I do título IV; capítulo I do título V; capítulo I do título VI.
- Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades: título preliminar e título X.
- Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Vigo, títulos preliminar, I e II.
- Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulo III.
- Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: títulos I, II, III.
- Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar; título II: capítulos. I, II, IV e V; título IV: capítulos I e II.
- As bibliotecas universitarias: concepto e evolución. A Biblioteca da Universidade de Vigo: estrutura e organización.
- O regulamento da Biblioteca da Universidade de Vigo. Outras normativas da biblioteca universitaria: préstamo, salas de traballo en grupo, doazóns, expurgacións.
- A cooperación bibliotecaria. Redes e consorcios. A rede REBIUN. O CISUG. Dialnet.
- A profesión bibliotecaria. Ética e deontoloxía profesional. O asociacionismo profesional
- A colección bibliotecaria: concepto. Mecanismos de formación da colección: adquisicións, doazóns e intercambios. A colección electrónica.
- Catalogación descritiva, por materias e analítica. Nocións básicas sobre RDA e MARC21. O control de autoridades.
- Control dos fondos bibliográficos: rexistro, selaxe e outras tarefas de preparación para a súa posta á disposición das persoas usuarias. A organización dos fondos bibliográficos: libre acceso, depósito. Sistemas de clasificación e ordenación topográfica.
- Condicións de instalación dos materiais bibliográficos. Preservación e conservación de fondos bibliográficos. Recontos e expurgacións.
- A automatización de bibliotecas. Os sistemas integrados de xestión bibliotecaria. As plataformas de servizos bibliotecarios. A plataforma Alma.
- Os catálogos de bibliotecas: concepto e función. Os catálogos colectivos. O OPAC. As ferramentas de descubrimento (discovery tools). O descubridor Primo VE.
- Servizos ás persoas usuarias-1: lectura en sala, préstamo, préstamo interbibliotecario e obtención de documentos, reprodución de fondos, referencia e información bibliográfica. A web e as redes sociais da Biblioteca da Universidade de Vigo.
- Servizos ás persoas usuarias-2: formación de usuarios/as, alfabetización informacional e formación en competencias dixitais. Os servizos de apoio á investigación.
- A comunicación científica. A evolución da edición científica. As revistas científicas e académicas. A ciencia aberta. Os datos abertos.
- O acceso aberto: concepto e orixes. Vías do acceso aberto. Os repositorios de acceso aberto. O repositorio institucional Investigo. Os acordos transformativos.
- A propiedade intelectual nas bibliotecas universitarias. As licenzas Creative Commons
- A xestión da calidade nas bibliotecas universitarias. As normas ISO 9000 e ISO 9001 de sistemas de xestión da calidade.
- Tipos de usuarios/as nas bibliotecas universitarias. A satisfacción das persoas usuarias: enquisas, recollida de queixas, reclamacións e suxestións. Outras canles de participación das persoas usuarias. A carta de servizos. A protección de datos de carácter persoal nas bibliotecas.
- As bibliotecas universitarias e a Axenda 2030. A contribución das bibliotecas aos ODS: as propostas de IFLA e REBIUN.
- Os arquivos universitarios. O Arquivo da Universidade de Vigo. O Regulamento do arquivo universitario
- Conceptos básicos de arquivística-1: documento de arquivo, agrupacións documentais, ciclo de vida dos documentos. Tipos de arquivos.
- Conceptos básicos de arquivística-2: conservación e preservación dos fondos documentais. Soportes documentais. Factores de deterioración. Preservación activa e pasiva. A manipulación das unidades documentais.