Diseño del blog

O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS CONVOCA 6 PLAZAS DE SOCORRISTAS PARA A UNIDADE DE SOCORRISMO ACUÁTICO

24 de mayo de 2022

MALPICA DE BERGANTIÑOS PUBLICA AS BASES PARA A CONTRATACIÓN LABAROAL TEMPORAL DE 6 SOCORRISTAS PARA A UNIDADE DE SOCORRISMO ACUÁTICO QUE PRESTARÁ O SERVIZO EN PRAIAS

REQUISITOS E SOLICITUDES:

Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de circunstancias de producción  (contratación laboral temporal). 

Para acceder a estas prazas os aspirantes deberán estar inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galiza.
As solicitudes terán un prazo de 8 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (Boletín Oficial da Provincia), é dicir, ata o día 28/05/2022
A taxa en concepto de dereitos de exame será de 9€
O sistema de selección será de Concurso-oposición libre

FASE DE OPOSICIÓN: 
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio en cada unha das súas probas. PROBA DE APTITUDE FÍSICA
Combinada: Natación, Buceo e Arrastre. Cun tempo máximo para a sua realización de 2 minutos e  30 segundos.

Consistirá na entrada a auga do aspirante ao estilo socorrista, é dicir sen afundir a cabeza, realizará 50 metros de nado libre, 15 metros de buceo con recollida de manequí no fondo da piscina, e realizará 35 metros de remolque de manequí sen afundilo nin que pase a auga por encima das súas vías respiratorias. 

Carreira na praia: Cun tempo inferior a 4 minutos e 15 segundos.

Consistirá en percorrer unha distancia de 800 metros

Natación en augas abertas:   Co tempo máximo para a sua realización que marque o tribunal. 

Consistirá en recorrer a nado unha distancia dende un punto do areal sinalado polo tribunal ata o lugar onde se atope unha boia de sinalización. Chegados ata esta, os/as aspirantes virarana segundo as agullas do reloxo, deixándoa o seu costado dereito. 
O punto de saída e chegada establecerase polo tribunal cunha distancia á beiramar entre 5m-15m dependendo do perfil da praia e da situación da marea.
Dependendo do estado do mar, o Tribunal establecerá a distancia a percorrer podendo declarar o seu resultado unicamente como Apto/Non Apto.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a sua realización de 30 minutos

Contestar por escrito a unha serie de 20 preguntas curtas ou tipo test  sobre o contido do temario

EXERCICIO 3 :  Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a sua realización de 30 minutos

Traducción dun texto de castelán a galego ou de galego ao castelán 
Quedarán exentos aqueles aspirantes que acrediten o seu nivel de galego Celga 3 ou equivalente.

EXERCICIO 4. ESPECÍFICO PARA AQUELES ASPIRANTES QUE OPTEN Á CATEGORÍA DE COORDINADOR-SOCORRISTA

Será realizado exclusivamente por aqueles aspirantes que, estando en posesión das 6 mellores puntuacións finais, aspiren a desempeñar o posto de traballo de coordinador-socorrista. Puntuarase de 0 a 3 puntos. 

Resolver un escenario de intervención relativo aos temas ou materias do programa ou as tarefas do posto de traballo e as funcións encomendadas ao mesmo.
Nesta proba o tribunal avaliará as aptitudes e actitudes dos aspirantes, así como apreciar a adecuación entre os méritos dos aspirantes e o perfil do posto de traballo a ocupar, e de xeito especial, a capacidade de organización e óptima atribución dos recursos.

TEMARIO:
  1. Anatomía e fisioloxía. Conceptos xerais. Sistemas e aparatos
  2. Socorrismo. Principios xerais.
  3. Reanimación cardiopulmonar
  4. Traumatismos. Lesións e contusións.
  5. Feridas. Hemorraxias
  6. Shock. Cadros convulsivos
  7. Queimaduras. Trastornos térmicos
  8. Intoxicacións
  9. Picaduras e mordeduras.
  10. Accidentes acuáticos.
  11. Plan de autoprotección.
  12. Plan de actuación en zonas de baño.
  13. Salvamento e socorrismo acuático profesional.
  14. Praias e augas oceánicas e continentais.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: