REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia (LEPG), permita o acceso ao emprego público.
- Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, do grao ou diplomatura en traballo social.
- Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas (CCAA), nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa houbera sido separada ou inhabilitada.
- No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Estar en posesión das capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
- Estar en posesión do CELGA 4, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias. A dita acreditación da competencia en lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación; con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007, e Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega).
- En todo caso, e con arranxo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten documentalmente a dita competencia da lingua galega requirida (CELGA 4, ou equivalente), ou que non estean en condición de acreditala documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias, deberán realizar unha proba específica de competencia en lingua galega, de conformidade ao previsto no punto 8 destas bases, e que cualificará ao/á aspirante como apto/a ou non apto/a
As solicitudes/instancias para fomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como ANEXO I das bases, no rexistro xeral do Concello,
en horario de atención ao público (de 08:30 h. a 14:00 h.), e no prazo de 10 días naturais
contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no xornal/ Boletin Oficial
de Provincia da Coruña na páxina web do Concello www.rois.gal e no taboleiro
electrónico do Concello. ( SEGUNDO O BOP DE A CORUÑA Nº131 DO DÍA 12 DE XULLO DE 2022 O PRAZO SERÁ DE 5 DÍAS HÁBILES A CONTAR DENDE O SEGUINTE DA PUBLICACIÓN DO ANUNCIO NO BOP, POLO CAL O PRAZO REMATA O DÍA 19/07/2022)
Igualmente, ditas solicitudes tamén poderán presentarse por calquera das formas
previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas.
SISTEMA SELECTIVO:
EXERCICIO ÚNICO
, dividido en 2 partes obrigatorias sendo necesario superar as 2 probas
PRIMEIRA PARTE.
Obligatoria e eliminatoria cun tempo máximo de 60 minutos.
Cuestionario tipo test composto por 50 preguntas e 4 preguntas de reserva con 3 respostas alternativas, das que só 1 é correcta,
relacionadas co contido funcional do posto e coas materias contidas no temario.
As respostas incorrectas e as respostas en branco non restarán puntos
SEGUNDA PARTE
. Obrigatoria e eliminatoria cun tempo máximo de 60 minutos
Deseño dun proxecto relacionado co temario das bases
adaptado ao Concello de Rois.
ENTREVISTA PERSOAL:
Entrevista persoal na que se avaliará a dispoñibilidade do aspirante, a
adecuación ao posto de traballo convocado e o coñecemento do territorio
CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO:
A Alcaldía-Presidencia resolverá a confección da bolsa de traballo composta polos/as
aspirantes que superaron o proceso selectivo propostos polo Tribunal, en orde
descendente de puntuacións
TEMARIO
:
- A Constitución Española de 1978
- As comunidades Autónomas
- A organización da Administración Pública no Ordenamento Español.
- O acto administrativo
- O procedemento administrativo
- Funcionamento dos órganos colexiados locais
- A administración local.
- Os dereitos e deberes dos veciños no ámbito local
- O persoal ao servicio das Entidades Locais
- Concepto de documento.
- O rexistro e función.
- O Concello de Rois
- A administración electrónica de expedientes no Concello de Rois
- A figura do/a Técnico/a de Igualdade
- Funcións no ámbito municipal do axente de igualdade
- Marco conceptual
- Discriminación directa e indirecta
- Violencia en contra das mulleres e violencia doméstica.
- O ciclo da violencia
- Homosexualidade e discriminación
- Marco legal das políticas de xénero a nivel europeo e galego.
- Muller e discapacidade.
- Papel dos centros educativos nas prevencións de discriminación por razón de
xénero
- Os roles de xénero